Segundo nos comunica o director da oficina do INSS de Xinzo, xa fai máis de un ano que mandou ao correo de queixas e suxestións do Concello unha solicitude para arranxo, solo un pouco de cemento, dun «rego» que hai diante das oficinas, que loxicamente cada vez vai a mais, co perigo para visitantes, e coches, mesmo ambulancias que teñen que sortealo para entrar en Urxencias. Pero a cousa non quedou aí, fai cas un ano, enviaron outro a Policía Local, para que de algunha maneira sinalicen ou poñan unha varanda no lugar que se aprecia na foto. Xa van case media ducia de coches que se deixan alí o cárter no escalón….pois resposta nos dous correos, cero. Tamén pode ser que a conta de correo este tan chea que xa non os reciba, e por iso non dan resposta.
Dis que din que o concello de Xinzo ten a conta de correo das queixas e suxestións de adorno
Fotografía de arquivo. A Limia News.