A Casa da Cultura de Xinzo de Limia exhibirá a mostra «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» entre o 21 de outubro e o 27 de novembro.
Esta exposición, que nace dun acordo entre o Concello, Abanca e Afundación, fai un percorrido pola historia da arte vista a través dos debuxos e a ironía de Antonio Mingote.
Os detalles da visita son:
- Lugar: Casa da Cultura de Xinzo.
- Datas: do 21 de outubro ao 27 de novembro.