O ciclista limiao Carlos Canal regresou a Xinzo de Limia para adestrar na súa vila natal tras completar a súa participación na edición deste ano de A Vuelta a España.
Canal, que compite na élite do ciclismo mundial, aproveita estes días para prepararse para os seus últimos retos deportivos da tempada. O seu labor na rolda española foi fundamental para o equipo, xa que o seu traballo colectivo axudou a que o seu compañeiro Enric Mas lograse o podio na clasificación xeral.