A Limia únese á conmemoración do Ano Oteriano 2026 con dous encontros culturais que analizarán a profunda relación de Ramón Otero Pedrayo coa comarca e coa Lagoa de Antela os días 5 e 12 de setembro.
Estas sesións, abertas ao público, buscan achegar o legado do escritor galego desde unha perspectiva literaria, histórica e paisaxística:
- 5 de setembro en Vilar de Santos: Museo Etnográfico da Limia, ás 11.30 horas. Contará con relatorios de Paco López-Barxas, Patricia Arias Chachero e Xosé Carlos Sierra Rodríguez sobre a figura e a obra de Otero Pedrayo.
- 12 de setembro en Sandiás: Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, ás 19.00 horas. Intervirán Augusto Pérez Alberti e Xosé Benito Reza. O acto pecharase co documental “Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe”, seguido dun petisco para os asistentes.
Ambas as citas pretenden explicar como a paisaxe da Limia influíu na obra dun dos intelectuais máis importantes da nosa historia, combinando a divulgación científica coa posta en valor do noso territorio.