Os mozos que cumpran a maioría de idade en 2026 xa poden solicitar os 400 euros do Bono Cultural. En Ourense, uns 2.200 rapaces poderán gastar esta axuda en produtos e actividades culturais antes do 31 de outubro.
Para conseguir o bono é necesario rexistrarse na web oficial bonoculturajoven.gob.es antes de que remate outubro. Lembra que, para facer o trámite, debes ter un sistema de identificación dixital (como o certificado ou a Chave). Se es menor, tamén podes pedir a axuda a través dun adulto.
Unha vez concedido, o importe de 400 euros cárgase nunha tarxeta (física ou no móbil) e tes un ano para gastalo do seguinte xeito:
- 100 euros para produtos físicos (libros, discos, videoxogos).
- 100 euros para produtos dixitais (subscricións, prensa, podcast).
- 200 euros para artes escénicas (teatro, cine, concertos).
Novidade: este ano podes destinar os 400 euros integramos a cursos ou talleres culturais, xa sexan presenciais ou en liña. O bono pódese usar nos 64 establecementos xa adheridos na provincia de Ourense.