← Volver Dende A Limia

A plataforma Stop Eólicos mobilízase contra o novo proxecto de aeroxeradores en Bande

A plataforma Stop Eólicos mobilízase contra o novo proxecto de aeroxeradores en Bande

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A plataforma Stop Eólicos A Limia, Xurés e Celanova iniciará nos próximos días a presentación de alegacións contra o parque eólico Cantanarrás, un proxecto da multinacional Vestas que prevé a instalación de 10 aeroxeneradores de 200 metros de altura no concello de Bande.

A asociación advirte de que esta proposta é practicamente idéntica a unha xa rexeitada pola Administración galega no ano 2023, pero con un impacto ambiental aínda máis grave sobre as zonas protexidas da Limia e os recursos hídricos e paisaxísticos de Celanova. Segundo os críticos, o proxecto non resolve as eivas que motivaron a denegación anterior, xa que a fauna e o territorio seguen a ser os mesmos.

A plataforma denuncia a «desidia» do estudo de impacto ambiental, que cualifican de «chapuza», sinalando dous puntos críticos:

Para Stop Eólicos, estas contradicións nun documento de máis de 1.900 páxinas demostran unha falta de rigor inaceptable. A plataforma cuestiona a fiabilidade dos datos sobre efectos acumulativos, riscos para as masas de auga e a protección da fauna, ao non ser o promotor quen de manter a coherencia nin sequera sobre os elementos patrimoniais máis básicos.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Aviso de suspensión de estacionamento en Xinzo de Limia
Dende A Limia Aviso de suspensión de estacionamento en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia informa que, debido aos traballos de sinalización viaria e pintado de prazas de aparcamento, quedarán suspendidas as áreas de estacionamento nas seguintes vías: Lugar: Avenida de Madrid e Avenida de Ourense (en toda a súa extensión). Inicio do operativo: Mércores 24 de xuño, pola noite. Días de traballo: Xoves 25 e venres 26 de xuño. Solicítase a colaboración da veciñanza para retirar os vehículos antes do inicio das tarefas, co fin de facilitar o desenvolvemento…
23 de junio de 2026 1 min lectura
O poema de Antón Tovar, protagonista nas oposicións de Lingua Galega e no Certame literario da Limia
Dende A Limia O poema de Antón Tovar, protagonista nas oposicións de Lingua Galega e no Certame literario da Limia
O recoñecido poema de Antón Tovar, extraído do seu libro Calados esconxuros, foi seleccionado este 20 de xuño de 2026 para o comentario literario nas oposicións ao corpo de profesorado de Educación Secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. A elección deste texto literario coincidiu, de xeito destacado, coa entrega do III Certame Antón Tovar no Museo da Limia, galardón que nesta edición recaeu na profesora Carme Gómez García. Calados esconxuros, a obra que contén o poema obxect…
24 de junio de 2026 1 min lectura
Miguel Ángel Santalices Vieira nomeado fillo adoptivo de Muíños
Dende A Limia Miguel Ángel Santalices Vieira nomeado fillo adoptivo de Muíños
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu a distinción de fillo adoptivo do Concello de Muíños nun acto que destacou a súa profunda vinculación coa comarca da Baixa Limia e a súa vocación de servizo público. Durante a súa intervención, Santalices reivindicou o valor social e profesional da medicina rural e subliñou o orgullo que sente polo seu orixe en Bande, sinalando que os valores aprendidos na súa terra e na súa familia son os que guían o seu percorrido …
20 de junio de 2026 1 min lectura