O municipio acolleu este domingo unha nova edición do Festival de Corais, un encontro que contou coa participación de tres destacadas formacións e que congregou a numerosos afeccionados á música polifónica.
O evento, que se celebrou durante toda a tarde, permitiu ao público desfrutar dun repertorio variado e de alta calidade vocal. As agrupacións participantes foron as seguintes:
- Coral Beato Sebastián Aparicio, de A Gudiña.
- Coral da Escola Municipal de Música do Porriño.
- Coral Santa Mariña.
Dende o Concello salientaron o elevado nivel técnico amosado por todas as formacións participantes sobre o escenario. Así mesmo, o goberno local quixo amosar o seu agradecemento polo respaldo da veciñanza, que acudiu de forma masiva para arroupar aos artistas durante a xornada musical.