← Volver Dende A Limia

Nova campaña de conciliación 'Summer in English' en Xinzo de Limia

Nova campaña de conciliación 'Summer in English' en Xinzo de Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e do CIM, lanzou o programa gratuíto ‘Summer in English’. Esta iniciativa busca facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, ofrecendo ao mesmo tempo un espazo de aprendizaxe de lingua inglesa e lecer para os máis xoves.

Información clave do programa:

  • Prazas: Dispoñibe un total de 20 cupos.
  • Idades: Dirixido a menores de entre 3 e 16 anos.
  • Calendario e horario: Desenvolverase nos meses de xullo e agosto, nun horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas.

Procedemento de inscrición:

O prazo para presentar as solicitudes comerza hoxe e permanecerá aberto ata o xoves 25 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse mediante:

Nota importante: As familias que xa forman parte do programa ‘Concilia Verán’ serán contactadas por teléfono o vindeiro venres 26 de xuño para a confirmación da súa praza.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Dende A Limia Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Un equipo de documentalista composto por Manuel Calviño, Paula Cereixo e Lucas Terceiro (da produtora Tres Ínsuas) está a realizar un proxecto audiovisual centrado na historia das tecedeiras galegas. O obxectivo é recuperar a memoria viva desta tradición mediante os relatos de persoas que vivenciaron a época en que o cultivo e procesamento do liño era unha actividade fundamental nas familias. No marco deste documental, xa se realizaron gravacións importantes: En Lodoselo: Graváronse os relatos…
22 de junio de 2026 2 min lectura
Entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”
Dende A Limia Entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”
A Deputación de Ourense celebrou a 35ª edición do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, un galardón destinado a recoñecer a excelencia profesional, o rigor e o compromiso social na comunicación. O acto foi presidido por Luis Menor, presidente da Deputación, quen destacou a necesidade de defender a información veraz e o espírito crítico nun contexto marcado pola inmediatez dixital e a proliferación de contidos non contrastados. Galardoados e recoñecimentos Premio Honorífico á Traxector…
17 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
Dende A Limia A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
A Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora na estrada OU-540, nun tramo de 14,1 quilómetros que conecta Celanova con Bande. Esta actuación contará cun investimento de 6 millóns de euros e terá un prazo de execución previsto de 18 meses. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das traballos, destacando que esta intervención é estratéxica para a comarca da Baixa Limia. O obxectivo principal é aumentar a capacidade, a seguridade …
2 de junio de 2026 1 min lectura