Esta mañá celebrouse na piscina climatizada de Xinzo un torneo de natación que reuniu a nadadores de todas as categorías. O evento carácter amistoso contou coa participación de varios clubes: Flavitos, o Clube de Natación de Chaves, o Miraflores e Piscina de Verín e o club local da Limia.
O obxectivo principal deste encontro foi o fomento do deporte e a convivencia entre os participantes, de tal xeito que todos os nadadores recibirán unha medalla como parte da experiencia.
As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia.
O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un d…