O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense presentaron a habilitación do Parque do Pombal como un novo espazo libre de humo. Esta iniciativa busca promover a saúde pública e a prevención do tabaquismo, centrándose na protección dos menores e no fomento de hábitos saudables mediante a creación de entornos de convivencia sanos.
A medida está enmarcada nun convenio de colaboración firmado en 2025 entre ambas entidades. No acto de presentación participaron o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o tenente de alcalde, Antonio Fernández; a concejala de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade, Ángeles Martínez; e o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá.
Ademais desta nova sinalización, o convenio permite que a AECC siga ofrecendo servizos de apoio no municipio, tales como a atención psicolóxica especializada para o acompañamento emocional tras un diagnóstico e a atención social para orientar as familias sobre recursos públicos e axudas de emerxencia.