← Volver Dende A Limia

O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four

O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four

Fotografía de arquivo. A Limia News.

VeteransOs veterans masculinos, xogaron onte a tarde en Baños de Molgas, perderon por tan só 7 puntos. SeniorOs Senior enfrontáronse ao Estudiantes, nun partido no que se xogaban moito pero que non dependía deles. Necesitaban unha última vitoria e que os demais equipos non tiveran resultados favorables, pero non puido ser.Os nervios e o arbitraxe xogaronlle unha mala pasada o A.B.Xinzo, facendo que no último cuarto non puideran remontar o marcador, perdendo por tan só 13 puntos. Pero aínda así chegaron a última xornada con opcións máis que claras para xogar a Final Four, un soño que levaron a cabo ata o último momento. Lembramos que os xogadores son nun 90% da canteira e competiron contra equipos máis grandes.Unha tempada na que gañaron máis da metade dos partidos xogados, gañaron 17 e perderon 11. Cadete As cadetes femininas 2010 comezaron a Copa Deputación, hoxe a tarde enfrontábanse a Maristas e as limiás conseguiron unha vitoria clara o que as coloca xa en cuartos de final. Os cadetes masculinos, xogaron hoxe a mañá contra o COB, con vitoria para os de Ourense.InfantilAs infantís femininas 2013 e os infantís masculinos 2013, xogaron onte contra o COB con derrota para os dous equipos de Xinzo, deixandoos fora da loita pola Copa. As infantís femininas 2012, xogaron na casa o seu último partido de liga, enfrontáronse ao Barco, con vitoria para as visitantes.MiniAs mini feminino 2014, atópanse nas clasificacións pola Copa, enfrontáronse a Maristas e acadaron a vitoria, deixando fora da clasificación a Maristas.As mini feminino 2015, xogaron contra o Barco, con vitoria para o Barco.Os mini masculinos 2014, remataron a liga, enfrontáronse a Maristas, con derrota para os de Xinzo. Dende o inicio da tempada sempre estiveron na parte alta da clasificación, pero as lesións impedíronlle loitar polo título.PreminiOs preminis masculinos comezaron os partidos de Copa, enfrontáronse ao Allariz, con vitoria para os alaricanos.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Retrasos na recepción da segunda fase do parque empresarial por deficiencias técnicas
Dende A Limia Retrasos na recepción da segunda fase do parque empresarial por deficiencias técnicas
O Concello decidiu non asinar a recepción definitiva da segunda fase da ampliación do polígono industrial debido a diversas deficiencias técnicas detectadas tras unha inspección realizada xunto con técnicos municipais e as empresas colaboradoras Viaqua e Elite. Esta decisión comunicouse tanto á UTE encargada da obra como á dirección de obra da Xunta de Galicia. O obxectivo do consistorio é que se corrixan estas eivas antes de proceder á recepción, co fin de evitar futuros custos inasumibles par…
18 de mayo de 2026 2 min lectura
Contacontos para a primeira infancia na Biblioteca Municipal
Dende A Limia Contacontos para a primeira infancia na Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal organizou unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas do PAI de entre 0 e 3 anos, co obxectivo de fomentar a lectura e a cultura desde as primeiras idades. A actividade centrouse no relato "¿A qué sabe la luna?", unha historia que promove valores como a amizade, a solidariedade e o traballo en equipo a través dun grupo de animais que colaboran para alcanzar a Lúa. A experiencia foi complementada coa música de Arigato Música Infantil e culminou cunha degustación de…
1 de mayo de 2026 1 min lectura