Data e hora: Venres, 22 de maio, ás 20:00 h
Lugar: Biblioteca Pública Antelana
Autor: Xosé Manuel del Caño
A Biblioteca Pública Antelana acollerá a presentación da nova obra de Xosé Manuel del Caño, titulada «Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos». O libro ofrece unha mirada ás historias e ao compromiso das persoas que traballaron para preservar a lingua e a literatura galegas durante períodos complicados.
Persoas participantes:
- X. M. del Caño: Autor da obra.
- José María Eguileta Franco: Arqueólogo, xefe do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense e académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.
- Carlos Gómez Salgado: Concelleiro de Cultura de Xinzo de Limia.