O pasado sábado 9 de maio, o Pavillón de Deportes de Cea acolleu a I Velada, un evento deportivo que contou con 10 combates de alto nivel nas modalidades de rin, Kick Boxing e Muay Thai.
O momento culminante da xornada foi o combate polo cinto galego Neo Pro de Lowkick na categoría de -60 kg. No duelo enfrontáronse Ángel Román “El Vikingo”, do club El Barrio Kickboxing de Vigo, e o limiao Rodrigo Pires, das Escolas Deportivas de Viana do Bolo.
A pesar de que Román se levara a vitoria nun encontro anterior no Campionato Galego amateur, nesta ocasión foi Rodrigo Pires quen se impuxo, converténdose así no novo Campión Galego de Kick Boxing Neoprofesional -60kg.