← Volver Dende A Limia

Xinzo celebra as Letras Galegas con catro citas centrais de literatura e tradición

Xinzo celebra as Letras Galegas con catro citas centrais de literatura e tradición

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia presenta a programación oficial para conmemorar as Letras Galegas 2026, unha proposta que busca poñer en valor a nosa lingua a través dun calendario de actos abertos a toda a veciñanza.A programación arranca este venres, 12 de maio, cunha homenaxe á autora Begoña Caamaño titulada «Chaves invisibles», que terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 10:00 horas. O día central da festividade, o domingo 17 de maio, a actividade trasladarase á Praza Maior coa tradicional venda de libros e a participación da Escola de Gaitas a partir das 19:00 horas.A axenda literaria completarase na Biblioteca Municipal con dúas citas clave: o xoves 21 de maio celebrarase unha sesión de Conta Contos ás 09:00 horas, e o venres 22 de maio, ás 20:00 horas, levarase a cabo a presentación do libro «Queda moito que sachar…», de X. Manuel del Caño. Con este conxunto de actividades, o Concello convida a todos os veciños e veciñas a participar activamente na celebración do noso patrimonio cultural.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Apoio á regularización extraordinaria na comarca da Limia
Dende A Limia Apoio á regularización extraordinaria na comarca da Limia
O equipo do CDR pon en marcha un servizo de acompañamento e asesoramento dirixido ás persoas e familias da comarca da Limia que desexen regularizar a súa situación legal. O obxectivo desta iniciativa é facilitar que os veciños e veciñas poidan acceder á cidadanía de pleno dereito, o que lles permitirá, entre outros beneficios, incorporarse formalmente ao mercado laboral. Para axudar neste proceso, o CDR ofrece: Guías informativas básicas sobre o procedemento. Acompañamento personalizado para…
23 de abril de 2026 1 min lectura
O Concello de Xinzo achega os recursos de estranxeiría á veciñanza cunha xornada de traballo na Casa da Cultura
Dende A Limia O Concello de Xinzo achega os recursos de estranxeiría á veciñanza cunha xornada de traballo na Casa da Cultura
O Concello de Xinzo de Limia organiza unha xornada informativa sobre estranxeiría A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu este xoves unha sesión de traballo organizada pola área de Servizos Sociais do Concello. O encontro tivo como obxectivo principal orientar á veciñanza e facilitar o acceso á información administrativa relativa aos procedementos de estranxeiría. A charla, impartida por técnicos e profesionais do departamento municipal, centrouse nos seguintes puntos: Servizos de asesorí…
16 de abril de 2026 1 min lectura