Apoio á regularización extraordinaria na comarca da Limia
O equipo do CDR pon en marcha un servizo de acompañamento e asesoramento dirixido ás persoas e familias da comarca da Limia que desexen regularizar a súa situación legal.
O obxectivo desta iniciativa é facilitar que os veciños e veciñas poidan acceder á cidadanía de pleno dereito, o que lles permitirá, entre outros beneficios, incorporarse formalmente ao mercado laboral.
Para axudar neste proceso, o CDR ofrece:
- Guías informativas básicas sobre o procedemento.
- Acompañamento personalizado para as persoas da comarca.
- Orientación sobre o uso de canais oficiais.
Para iniciar os trámites, recoméndase xestionar a cita previa a través da seguinte fonte oficial:
Formulario de cita previa – Regularización Extraordinaria 2026
O CDR subliña a importancia de consultar sempre as fontes oficiais e acudir a entidades de confianza para evitar erros na información e garantir un acompañamento adecuado.
Fonte: www.dendealimia.com
