O Concello de Xinzo de Limia celebrará o Día das Letras Galegas o venres 16 de maio ás 20:00 na Casa da Cultura cun acto dedicado á poesía popular oral galega e ás mulleres que a transmitiron.
Haberá unha proxección audiovisual seguida dun concerto no que seis grupos locais (Grupos de Pandereteiras 2 e 3 da Escola de Gaitas de Xinzo, As Bruxas, Cantaralai, As Xingras da Arca e as Cantareiras da Limia) homenaxearán a estas mulleres a través da música.