
OUTRAS MULLERES ILUSTRADAS E TRABALLADORAS DA LIMIA.
Fai algún tempo por iniciativa do CDR O Viso de Lodoselo e o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo, presentouse un libro co título de Mulleres ilustradas da Limia. Lamentablemente non asistín xa que non me decatei da presentación na Casa da Cultura de Xinzo. Recoñezo que me sorprenderon algúns nomes, pero sen desmerecer a…

Historias da emigración de limiaos ás Américas: José Ramón Pérez Cid (Piñeira Seca, 1901-Xinzo, 1961).
A emigración galega a América entre finais do século XIX e mediados do XX, foi un fenómeno significativo que reflectiu as dinámicas sociais, económicas e políticas da época. Impulsada pola pobreza, a crise económica, trala Primeira Guerra Mundial, e a falta de oportunidades en Galicia, miles de galegos buscaron un futuro mellor en países como…

CAUSA XERAL DA GUERA CIVIL, decreto do 26 de abril de 1940:
O día 1º de abril de 1939, Franco escribiu do seu puño e letra o último parte da contenda civil:<<En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado>>. Non era certo. A guerra non rematara, Franco tiña razón en canto…

Francisco Seijo Iglesias. Director dos xornais: “El Agrario” (1919), “El Látigo” (1923) de Xinzo de LImia
Naceu sobre 1875 en Ourense, cidade na que coñeceu a súa dona, Rosa Villarino Quintas, aprendiz de sombreireira, natural de Ganade. Casou e trasladou a súa residencia a Xinzo. De oficio reloxeiro por vía paterna, montou unha reloxería na praza da nosa vila e tiveron seis fillos. Home instruído e con gran facilidade para a…

Genoveva Vázquez Calviño, a inesquecible parteira de Xinzo.
A historia das parteiras en Galicia, reflicte a evolución da asistencia ao parto desde tempos antigos ata mediados dos anos 70 aproximadamente. Desde a prehistoria, existen evidencias de mulleres asistindo a outras durante o parto, unha práctica que se mantivo ao longo da historia da humanidade. Na Idade Media, a asistencia ao parto e o…

Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).
As últimas noticias de Juan Sorga, son da súa fuxida na que trataban de chegar a Francia polos Pirineos. Do que sucedeu no tren no que a policía lles pide a identificación, esto é o que di o atestado: <<O día vinte e seis de maio de 1950 e, cando se atopaban no tren correo…

Manuel Martínez Santana, un dos limiaos da diáspora local.
Somos unha terra de emigrantes e de expatriados, as novas tecnoloxías e as redes sociais contribúen dalgunha maneira a poñernos en contacto e comunicación con moitos deles e sobre todo aos seus descendentes, aos que os seus pais e avós lles falaban con morriña da súa terra e da familia que deixaron atrás. Estas vivencias…

A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.
O escultor limiao Xoxé Lois Carreira está a traballar arreo para rematar a monumental escultura da doutora limiá Olimpia Valencia, escultura da que publico varias fotos. O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, coma sempre a pleno sol, no alto do andamio, batendo concienzudamente na pedra co mazo…