OFERTAS DE EMPLEO | Estas son las ofertas de empleo de esta semana
FOTOGALERÍA | Últimos estralos de castañas en Porqueira, Rairiz e Xinzo
As brasas volveron arder en moitas localidades da bisbarra esta fin de semana para festexar o magosto.
A asociación "A Pantalla" organizou o seu na Praza do Ovo da vila; ademais das castañas, tiñan preparado un porco ao espeto. Tamén en Xinzo de Limia, o Bloque Nacionalista Galego celebrou un magosto ao redor da súa sede.
Nas terras de Porqueira tiveron festexos en San Lourenzo, Xocín e Paradela. Á veciñanza de San Lourenzo botóuselles a noite enriba e acabaron preparando unha queimada para botar fóra a friaxe.
E en Rairiz de Veiga montaron unha boa festa coa súa foliada á conta do magosto. Alí repartiron 150 quilogramos de costilla e 40 de chourizos entre as case 250 persoas que asistiron ao magosto.
A Xunta prioriza o coidado das persoas con obesidade e sobrepeso para garantir a calidade de vida da poboación
FOTOGALERÍA | Centos de quilos de castañas e chourizos para festexar o magosto en Xinzo e Parada de Outeiro
A pesares da choiva, máis de 400 persoas achegábanse onte ata a Praza de Oriente a celebrar o Magosto organizado polo Concello de Xinzo de Limia para a veciñanza.
Música e comida para celebrar un magosto no que se repartiron máis de 160kg de castañas, 400 chourizos e bica para todas as persoas que na tarde do domingo asistiron á carpa instalada.
Mentres, en Parada de Outeiro, no concello de Vilar de Santos, a celebración xa levaba unhas cantas horas. Alí decidiron convocar á veciñanza de mañá. Dende o mediodía, a actividade comezou no campo de fútbol para preparar as longas mesas nas que se celebrou unha grande comida popular.
Logo, prendeuse o lume para preparar as brasas; nas enormes grellas asáronse chourizos e churrasco sen parar, mentres, a grande tixola asaba as castañas. Tampouco faltou a empanada no menú e a música para amenizar a xornada.