← Volver La Voz de Galicia

Xinzo reivindica a lingua con dous días de actividades por las Letras Galegas

Xinzo reivindica a lingua con dous días de actividades por las Letras Galegas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Agos Iglesias

Darán a coñecer a vida de Luisa Villalta con música, poesía ou concursos de debuxos
11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Xinzo organizou unha programación de actividades polo Día das Letras Galegas o 15 e 17 de maio. O próximo mércores empezarán os actos a cargo do IES Lagoa de Antela. Os alumnos darán a coñecer a vida de Luisa Villalta, con lecturas e imaxes xigantes da autora homenaxeada nesta edición.

O 17 ás 12.30 horas será a entrega de premios do concurso da Fundación Carlos Casares e do Concello dirixida a escolares. Foron os certames de debuxos «Toribio revoluciona o tráfico» e «Unha cuberta para Luisa Villalta». Despois, a escritora Sabela A. Veloso lerá poemas da autora. Este acto contará ca música do cuarteto tradicional da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo. Pola tarde, ás 18.30 finalizará a programación co concerto da Agrupación Musical da Limia e da Coral Santa Mariña. Ese día, os libros en galego terán un 10 % de desconto nas librerías adheridas á iniciativa municipal.

Archivado en: Día das Letras Galegas Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Día das Letras Galegas La Voz de Galicia Ourense prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
A planta de residuos de Xinzo volverá funcionar tras 17 anos de abandono
La Voz de Galicia A planta de residuos de Xinzo volverá funcionar tras 17 anos de abandono
A Deputación de Ourense acaba de aprobar a xestión da planta de residuos de construción de Morgade, en Xinzo de Limia, que leva anos sen actividade. A instalación encargarase de reciclar cascallos e restos de obras da comarca da Limia e o sur da provincia. O plan para poñer en marcha estas instalacións inclúe os seguintes puntos: Duración do contrato: A empresa gañadora xestionará a planta durante os próximos 17 anos. Posta a punto: O primeiro ano dedicarase integramente a reparar e acondicio…
27 de octubre de 2026 1 min lectura
O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
La Voz de Galicia O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo, declarado Ben de Interese Cultural
A Xunta de Galicia declarou o Convento do Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Monumento. Esta protección oficial recoñece o valor histórico e artístico deste conxunto do século XVI. A declaración, aprobada este luns polo Consello da Xunta, garante a conservación tanto do edificio como da súa contorna e de elementos artísticos específicos: O conxunto arquitectónico: Inclúe o claustro, a igrexa (propiedade do Bispado de Ourense), o bosq…
20 de octubre de 2026 1 min lectura
Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo
La Voz de Galicia Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo
Representantes políticos e cidadáns concentráronse hoxe en Ourense e noutros puntos da provincia para amosar o seu apoio ás vítimas do accidente de tren ocorrido en Toledo. O acto principal tivo lugar nas escaleiras da igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior de Ourense. Alí, cargos públicos como o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e o presidente da Deputación, Luis Menor, xunto con varios veciños, gardaron un minuto de silencio en sinal de duelo. Estas mostras de solidariedade tamén se celebraron…
28 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser