As Xornadas de Folclore celebran o seu 40 aniversario en Ourense

Entre o 11 e o 21 de agosto, 187 artistas de seis agrupacións folclóricas internacionais (Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia) actuarán en diferentes vilas ourensás.

As actuacións, de acceso gratuíto, terán lugar en Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana e Xinzo, ademais dunha cerimonia inaugural no Teatro Principal o 11 de agosto.

Os grupos participantes son Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet Municipal de Rancagua (Chile), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore Tsumu (Xeorxia).

Fonte: www.lavozdegalicia.es

VER NOTICIA COMPLETA