O rexedor de Xinzo de Limia, Amador Díaz, mantivo un primeiro encontro oficial con Judit Domarco, a nova presidenta da asociación Teatro Aneis, durante a celebración da segunda Feira do Mercado Social.
A presentación da nova responsable do colectivo, na que participou tamén o director da entidade, Manuel Fontemoura, serviu para que o Concello reafirmase o seu apoio á asociación. Teatro Aneis traballa habitualmente levando actividades de artes escénicas a veciños de todas as idades no municipio.