Xinzo de Limia celebra dende este xoves 16 ata o luns 20 de xullo as festas na honra de Santa Mariña, cun amplo programa de concertos e actividades para todas as idades.
A programación destaca pola presenza de artistas recoñecidos e grandes orquestras. O calendario de eventos principais é o seguinte:
- Xoves 16: Actuación da orquestra Origen e concerto de Henry Méndez na explanada do Toural.
- Venres 17: Festa da escuma, concertos da orquestra Kubo e o grupo Ráfaga, ademais dunha sesión DJ.
- Sábado 18: Día de Santa Mariña con procesión, pasacalles, mercadillo, Color Party e as actuacións de A Gramola Tour Life e a orquestra Função Pública.
- Domingo 19: Actividades infantís, espectáculo de Kiko Rivera, concerto da orquestra Olympus e discomóbil Apocalipsis.
- Luns 20: Xornada de peche con sesión vermú, inchables acuáticos e a actuación da orquestra Capitol.