← Volver La Voz de Galicia

Aimil Folc levouse o Premio Prado Lameiro da Coral de Ruada

Aimil Folc levouse o Premio Prado Lameiro da Coral de Ruada

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A gala da Coral de Ruada celebrouse no Principal Miguel Villar

O galardón foi entregado nunha gala celebrada no Teatro Principal
25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Coral de Ruada creou hai anos o Premio Xavier Prado Lameiro para distinguir o labor desinteresado de persoas ou colectivos que se teñen distinguido polo compromiso coa cultura galega e o idioma. Na convocatoria deste ano o xurado acordou conceder a distinción á Asociación Cultural Aimil Folc e a entrega do galardón materializouse no acto que se celebrou este venres no Principal. No mesmo entregouse o diploma acreditativo e a peza de Buciños correspondente.

Ademais das actuacións da Coral de Ruada e do Coro Aimil, de Xinzo, na cita do espazo cultural ourensán tamén se levou a cabo a representación da obra de teatro «Todo ten goberno», de Xavier Prado Lameiro —o grupo escénico da Coral de Ruada tamén leva o seu nome—. A dirección da compañía correu a cargo de César Francisco González Fernández.

Archivado en: Xinzo de Limia Teatro

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
La Voz de Galicia prensa Teatro Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Xinzo acollerá unha exposición sobre o humor de Antonio Mingote
La Voz de Galicia Xinzo acollerá unha exposición sobre o humor de Antonio Mingote
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia exhibirá a mostra «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» entre o 21 de outubro e o 27 de novembro. Esta exposición, que nace dun acordo entre o Concello, Abanca e Afundación, fai un percorrido pola historia da arte vista a través dos debuxos e a ironía de Antonio Mingote. Os detalles da visita son: Lugar: Casa da Cultura de Xinzo. Datas: do 21 de outubro ao 27 de novembro.
10 de octubre de 2026 1 min lectura
A Praza de Abastos de Xinzo abrirá en novembro tras completar a súa reforma
La Voz de Galicia A Praza de Abastos de Xinzo abrirá en novembro tras completar a súa reforma
As obras de mellora da Praza de Abastos de Xinzo de Limia entran na súa fase final grazas a un novo acordo entre a Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello. O obxectivo é reabrir este espazo comercial o próximo mes de novembro. O investimento final na rehabilitación ascenderá a 807.300 euros. Esta última achega de 157.300 euros servirá para rematar os traballos pendentes, que se centran principalmente en: Instalar o sistema de climatización do edificio. Colocar o mobiliario interior. A re…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
Barco e Antela brillan nunha Terceira Federación moi igualada
La Voz de Galicia Barco e Antela brillan nunha Terceira Federación moi igualada
O Barco e o Antela sitúanse na zona alta da clasificación de Terceira Federación tras seis xornadas, consolidándose como dous dos equipos máis sólidos da competición. Ambos os conxuntos suman 11 puntos e atópanse na parte alta da táboa, loitando polos postos que dan acceso ao ascenso. O seu éxito baseouse nunha gran seguridade defensiva: O Barco: É o equipo menos goleado da liga, con só 5 tantos encaixados. O Antela: O seu porteiro, Bruno Pío, destaca como o menos batido da categoría. Pola s…
14 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser