← Volver La Región

Xinzo fomenta a lingua galega coas tecnoloxías

Xinzo fomenta a lingua galega coas tecnoloxías

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia conta cunha campaña de doazón de voz posta en marcha no marco do Proxecto Nós, a iniciativa da Xunta, en colaboración coa Universidade de Santiago, para impulsar a incorporación do galego no eido dixital.
No portal do Proxecto Nós xa se pode experimentar de maneira libre con tres aplicacións baseadas en redes neuronais artificiais desenvolvidas en fase de demostración: unha ferramenta que permite a conversión de texto a voz, o primeiro tradutor neuronal feito en Galicia e un sistema de recoñecemento da fala.
É para este último recurso, que permitirá que calquera máquina recoñeza a voz dunha persoa cando se dirixa oralmente a ela en galego, polo que se pon en marcha esta campaña presentada onte. Deste xeito, a plataforma Common Voice, a través da que se desenvolve a iniciativa da recollida de voces, conta con 700.000 frases en galego (agárdase que se supere o millón nos vindeiros meses) que precisan ser lidas, co obxectivo de acadar as 1.000 horas de gravación.

Ademais, nas vindeiras semanas, tal como se vén de anunciar no Consello da Xunta, poranse en marcha dous proxectos piloto. Un ten que ver con melloras no tradutor Gaio e outro coa integración dunha voz feminina que posibilite a escoita en galego de todo o contido da web institucional.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
O relevo xeracional no sector primario: novos emprendedores piden acompañamento e menos burocracia
La Región O relevo xeracional no sector primario: novos emprendedores piden acompañamento e menos burocracia
As xornadas “No Rural”, celebradas no Concello de Sandiás e promovidas polo GDR Limia-Arnoia xunto a Seitura 22, abordaron a problemática do relevo xeracional no sector primario, comparando as realidades de Galicia e Cataluña. Protagonistas e experiencia no sector Cuatro novos profesionais representaron a nova xeración de traballadores do campo, compartindo os seus perfiles e os seus retos: Melani Araújo: Desenvolveu un proxecto que pasou dunha hectárea a máis de 100 en cinco anos. Breogán P…
5 de junio de 2026 2 min lectura
Concienciación contra o tabaquismo: o alumnado do IES Cidade de Antioquía realiza un acto conmemorativo
La Región Concienciación contra o tabaquismo: o alumnado do IES Cidade de Antioquía realiza un acto conmemorativo
Un grupo de preto cem alumnos de primeiro de ESO do IES Cidade de Antioquía, situado en Xinzo de Limia, organizou un acto para conmemorar o Día Mundial sen Tabaco. Esta iniciativa forma parte do programa "Aulas sen fumes", promovido pola Xunta de Galicia a través das consellerías de Sanidade e Educación. Co obxectivo de explicar a problemática do tabaquismo desde a súa propia perspectiva, os estudantes presentaron tres propostas distintas: Peza audiovisual: Un vídeo protagonizado polo propio a…
30 de mayo de 2026 2 min lectura
Cortes de tráfico en Xinzo de Limia polo asfaltado da N-525
La Región Cortes de tráfico en Xinzo de Limia polo asfaltado da N-525
O Concello de Xinzo de Limia informou de unha serie de cortes de tráfico que se producirán na travesía da N-525 debido a traballos de asfaltado e execución de aglomerado impreso. As obras afectarán ao movemento vehicular nos seguintes períodos: 30 e 31 de maio (sábado e domingo): corte total do tramo correspondente á Praza Maior. Do 1 ao 5 de xuño (luns a venres): corte da plataforma elevada do Pombal e limitación da circulación no tramo comprendido entre a rotonda do Pombal e a rotonda da A-5…
29 de mayo de 2026 1 min lectura