O Concello de Xinzo de Limia inaugura a tempada estival este mércores, 1 de xullo, coa apertura das súas piscinas descubertas, que estarán operativas durante xullo e agosto como principal alternativa de lecer e deporte.
De cara a esta campaña, o consistorio realizou actuacións de mellora centradas na seguridade e a prevención de riscos. En concreto, levouse a cabo a substitución completa das pezas de coroación do bordo de ambas as piscinas, retirando as lousas deterioradas ou rachadas para evitar escorregóns e cortes, garantindo así un espazo renovado para os usuarios.
O complexo contará cos seguintes horarios de funcionamento:
- Piscinas descubertas: Aberto de luns a domingo, en horario ininterrompido de 12:30 a 20:30 horas, durante os meses de xullo e agosto.
- Piscina climatizada: Durante o mes de xullo estará aberta nun horario reducido de mañá, de 7:00 a 12:00 horas, para compatibilizar os servizos. En agosto, as instalacións cubertas permanecerán pechadas.
Para facilitar o acceso da veciñanza, o Concello mantén os prezos da tempada anterior, tanto para as entradas individuais como para as modalidades de abono:
Prezos das entradas diarias:
- Ata os 4 anos: De balde.
- De 4 a 16 anos: 1,60 euros.
- De 16 a 65 anos: 2,30 euros.
- Maiores de 65 anos: 1,60 euros.
Tarifas dos abonos de temporada:
- Abono ata 16 anos: 15 euros.
- Abono maiores de 65 anos: 15 euros.
- Abono adultos (máis de 16 anos): 30 euros.
- Abono familiar: 60 euros.