← Volver La Región

A Lagoa de Antela mostrou os seus segredos e historia

A Lagoa de Antela mostrou os seus segredos e historia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Vinte e dous integrantes da “Sociedade Internacional Internacional de Xeoloxía e Minería (Sigmadot) para o Desenvolvemento e Xestión do Territorio” provenientes de lugares variados como Cataluña, Valencia, Madrid e Galicia visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás. Trátase dunha sociedade que ten como obxectivo a ordenación do territorio e o desenvolvemento desde o punto de vista da xeoloxía e a minería ambiental así como a promoción e difusión de actividades relacionadas co mesmo.
Os integrantes foron a unha xeira especial coa intención de coñecer a xeoloxía da provincia de Ourense e concretamente da Limia, terra rica en historia, arqueoloxía, etnografía e lugares de interese xeolóxico, o motivo máis importante da súa visita.
Guiados por Eduardo González Clavijo, xeólogo pola Universidade de Salamanca, profesional autónomo que realizou traballos de divulgación xeolóxica como o proxecto Silxe, colaborou na Guía Xeolóxica da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés-Xurés, na realización dos “Geolodías” e en roteiros para a Cámara Oficial da Minería de Galicia para colexios e institutos, entre outras moitas actividades.

Cando chegaron a Casa da Lagoa, viñan de percorrer o canón do Sil, o val do Miño e estaban tamén moi interesados en coñecer a Lagoa de Antela, especialmente o seu proceso de formación xeolóxica e o proceso de desecación.
A primeira parte, visita guiada baixo a animación de Alex de los Ríos, tivo relación coa exposición permanente na Casa da Lagoa. Visionaron unha proxección sobre a xeografía dos pobos límicos e a Lagoa de Antela. Pasáronlle revista a diversas lendas sobre a Lagoa asolagada e elementos etnográficos varios como os hipotéticos asentamentos palafíticos e as casas de terróns.

Tamén puideron analizar as chamadas economías perdidas da Lagoa (recolección de ovos, caza de aves, comercio de rás e explotación de samesugas con fins médicos). Por último visionaron paneis expositivos sobre as aves e a fauna da primixenia Lagoa.
Formación
Na segunda parte, visita guiada baixo a animación de Pepe Gándara e de Eduardo González. Púxose énfase nos factores que contribuíron a formar a depresión da Limia e concretamente a formación da Lagoa de Antela. Expúxose sintéticamente un relato interpretativo dos procesos xeomorfolóxicos, hidrolóxicos e antrópicos (relativos á acción humana) que conformaron a paisaxe da Limia actual.
En relación cos factores xeomorfolóxicos, Eduardo González mostroulles tres vídeos en relación co chan da Lagoa de Antela, concretamente a transmisibilidade da area, da arxila e da roca e que explican fenómenos como a maior ou menor secura do chan e tamén a maior ou menor contaminación. Pepe Gándara expuxo as claves do proceso de desecación, especialmente o hipotético de Adriano, o de Toubes no século XIX e con máis detalle o franquista, así como o proceso de concentración parcelaria e as súas consecuencias.
“Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e grazas pola vosa visita e o interese pola comarca da Limia e polo noso Centro de Interpretación. Esperamos transmitir unha visión integral da Lagoa de Antela e que gozásedes coa visita. Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón”, les trasladó José Gándara, edil de Cultura de Sandiás.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Robo inusitado nun templo de Sandiás
La Región Robo inusitado nun templo de Sandiás
Produciuse un suceso curioso na parroquia de San Benito da Uceira, no concello de Sandiás, onde se produciu un roubo nun lugar de culto. A diferenza de outros incidentes en templos religiosos onde habitualmente se buscan xoias ou diñeiro, neste caso os autores levaron simplemente unha manguera. A comunidade local comentou o feito con ironía, pero ao mesmo tempo manifestaron a súa esperanza de que o material roubado sexa devuelto.
19 de junio de 2026 1 min lectura
Inaugurada a nova zona de escalada de A Forxa en A Limia
La Región Inaugurada a nova zona de escalada de A Forxa en A Limia
O Concello de Porqueira inaugurou oficialmente a nova zona de escalada de A Forxa, situada no canón do río Fírbeda. Este proxecto, que contou co apoio de Turismo de Galicia, supuxo unha inversión de preto de 40.000 euros. A nova instalación ofrece 43 vías distribuídas en seis sectores, deseñadas para todos os niveis de escaladores e cumprindo coa normativa europea de seguridade. Ademais, a iniciativa inclúe a homologación dun sendeiro circular de cinco quilómetros coñecido como a ruta das Ferve…
1 de junio de 2026 1 min lectura
Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
La Región Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
A asociación Civitas Limicorum celebrou a terceira edición do evento "Vestales" en Xinzo de Limia, unha iniciativa que busca recuperar a conexión histórica da zona de A Limia co Imperio Romano. Este certame complementa a Festa do Esquecemento, que aspira a converterse nunha cita de Interés Turístico. O evento contou coa participación de diversos grupos de recreación histórica de toda España, desenvolvendo unha programación centrada na figura das sacerdotisas de Vesta e o simbolismo do lume sagr…
31 de mayo de 2026 2 min lectura