A Festa da Serra en San Mamede tivo lugar no día de onte. A importancia da sustentabilidade e do ecoturismo como elemento vertebrador da Serra de San Mamede volveron a unir aos concellos de Vilar de Barrio, Maceda, Montederramo e Laza para recuperar unha tradicional romaría, a festa de San Mamede, que nos anos 90 reunía por centos de persoas na contorna da capela que actúa como punto de encontro das diferentes localidades.
A programación comezou ás 09,00 horas, cunha saída das Andainas. Esta saída comezou en Rebordechao e dende Arnuide (O Coudillo). Tamén ás 09,00 horas houbo unha saída da subida en bici dende Arnuide. Despois, ás 12,30 horas, tivo lugar a misa na Capela.
Vista do monte da Serra de San Mamede.
Ás 14,00 horas, houbo un xantar popular. Este xantar incluiu un menú, con empanada de carne e bonito, lacón braseado, churrasco mixto, criollo, pementos, bica, viño, refrescos, chupito e café. Tamén incluira polbo a partir das 12,00 horas. O prezo foi de 20 euros, menos para os rapaces de 7 a 12 anos que foi de 10 euros, e gratis para os menores de 7 anos. O acompañamento muscial foi da Charanga “A Felga” de Maceda, dende as 13,00 horas.