← Volver Diario do Limia

O BNG esixe ao Goberno da Xunta maior implicación cos regantes da Limia

O BNG esixe ao Goberno da Xunta maior implicación cos regantes da Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Representantes do Bloque Nacionalista Galego en todas as Administracións autonómicas reuníronse en Xinzo para esixir ao PP solucións inmediatas para un problema urxente. O BNG quéixase de que o Partido Popular abandona aos agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo despois de moitas promesas electorais que «non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir», di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.

O Partido Popular anunciou recentemente que modificaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que só asumirá o 20% do IVE a repartir entre a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Sonia Vidal, deputada autonómica do BNG, informou da presentación dunha iniciativa que será defendida na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego, mentres que Bernardo Varela fará o propio na Deputación de Ourense.

Camilo Vila defende a urxencia de respostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas comezou dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións. O BNG defende a necesidade de medidas comprometidas coa «comarca máis produtiva a nivel agrogandeiro de Galicia» segundo Manuel Pozo, vicevoceiro municipal.

Camilo Vila e Manuel Pozo.

Así as cousas, o responsable comarcal da organización nacionalista, Marcos Nogueiras, declara a vontade do Bloque de apelar a todos os parlamentos: «defenderemos aos labregos e labregas nos concellos, na Deputación, na Xunta, no Estado e en Europa».

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Programación musical da Agrupación Musical da Limia para o mes de xuño
Diario do Limia Programación musical da Agrupación Musical da Limia para o mes de xuño
A Agrupación Musical da Limia terá un mes de intensa actividade con diversas cita musicais repartidas entre a comarca e a cidade de Ourense. 7 de xuño: A xornada comenzará ás 12:00 h con a participación da agrupación na Procesión do Corpus en Xinzo. Á tarde, ás 19:00 h, a Chikiband e a Orquestina Antela actuarán na Xira Comarcal de Pena. 12 de xuño: Desenvolvese o Festival de Bandas Infantís na Igrexa Nova de Xinzo ás 20:30 h, cunha actuación conxunta da Minibanda do Conservatorio de Verín e a…
5 de junio de 2026 1 min lectura
A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
Diario do Limia A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
A Xunta de Galicia entregou en Santiago de Compostela os premios de excelencia educativa correspondentes á edición de 2025, recoñecendo o traballo de vinte e un centros educativos e unha aula hospitalaria polo seu compromiso coa convivencia escolar, o benestar emocional e a inclusión. Na provincia de Ourense, destacaron dous centros con galardóns e dotacións económicas específicas: CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia): Obtivo o segundo premio na categoría "Tolerancia Cero" (Educación Infant…
27 de mayo de 2026 1 min lectura