← Volver Diario do Limia

Noa Presas saca peito polos 30,9 millóns máis para as pensións mínimas e non contributivas | NOTICIAS XINZO

Noa Presas saca peito polos 30,9 millóns máis para as pensións mínimas e non contributivas | NOTICIAS XINZO

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A cabeza de lista do BNG por Ourense ás eleccións do vindeiro 29 de novembro, Noa Presas, cifrou en 30,9 millóns de euros o incremento adicional das pensións mínimas e non contributivas na provincia entre 2024 e 2025. A candidata nacionalista reivindicou o impacto económico das melloras impulsadas pola súa formación durante esta lexislatura e pediu o apoio electoral ao BNG para continuar avanzando na protección das persoas pensionistas.

Segundo os cálculos realizados a partir dos datos facilitados polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, a cantidade corresponde á diferenza entre as revalorizacións aplicadas ás pensións e as que resultarían de actualizar unicamente as prestacións conforme ao IPC.

Presas defendeu a importancia da negociación política para conseguir melloras nas prestacións e asegurou que o BNG traballou para que as pensións mínimas e non contributivas aumentasen por riba da inflación. «Estes datos amosan a importancia de negociar, defender propostas concretas e ter a capacidade suficiente para influír nas decisións que se toman en Madrid», sinalou.

A candidata tamén destacou a relevancia destas medidas para a provincia de Ourense, onde, segundo indicou, existen importantes desigualdades económicas e territoriais. Neste sentido, subliñou que as pensións «son vitais para a economía das familias e para garantir vida digna para as persoas que traballaron toda a súa vida».

Máis de 37.500 persoas beneficiarias en Ourense

A formación nacionalista cifra en máis de 37.500 as persoas beneficiarias destas melloras na provincia. Segundo os datos expostos por Presas, máis de 5.000 persoas que perciben pensións non contributivas beneficiáronse do incremento, mentres que a cifra supera as 30.000 no caso das pensións mínimas.

Para a cabeza de lista, estes datos evidencian a necesidade de contar cun BNG con maior representación na vindeira lexislatura para garantir prestacións suficientes e contribuír a reducir tanto a fenda territorial como a de xénero. A candidata tamén defendeu avanzar cara a un sistema público de pensións «máis xusto» e redistributivo.

«Cando Galiza ten voz propia, pode negociar e conseguir avances. Queremos seguir mellorando as pensións, protexer quen menos cobra e acabar cunha situación en que Ourense ten das prestacións máis baixas do Estado», manifestou Presas, que apelou a reforzar a representación nacionalista a partir do 29 de novembro para defender os intereses da cidadanía ourensá.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O BNG pide á Xunta un plan integral para salvar o futuro do agro na Limia
Diario do Limia O BNG pide á Xunta un plan integral para salvar o futuro do agro na Limia
A deputada do BNG, Sonia Vidal, esixe á Xunta de Galicia que reactive e actualice o Plan Estratéxico do Sector Agrario da Limia cun calendario e orzamento definidos. O obxectivo da formación nacionalista é solucionar os problemas ambientais da comarca sen poñer en perigo as explotacións familiares nin o emprego no rural. O BNG reclama unha política que vaia máis alá de arranxos puntuais en regadíos ou limpeza de canles, centrándose en: Asesoramento técnico e apoio económico para que os gandei…
23 de octubre de 2026 1 min lectura
Mirian Opazo, de Xinzo, será suplente na lista do BNG ao Congreso por Ourense
Diario do Limia Mirian Opazo, de Xinzo, será suplente na lista do BNG ao Congreso por Ourense
A veciña de Xinzo de Limia e responsable comarcal do BNG, Mirian Opazo, figurará como primeira suplente na candidatura nacionalista ao Congreso para as eleccións xerais do 29 de novembro. Esta decisión garante que a comarca da Limia teña representación directa na lista provincial. Ademais de Opazo, a candidatura conta con outro representante local, Juan Luis Domínguez Rodríguez, que ocupará o cuarto posto entre as suplencias. A lista do BNG por Ourense complétase cos seguintes nomes para os po…
26 de octubre de 2026 1 min lectura
El nuevo helicóptero Black Hawk refuerza la lucha contra los incendios forestales en Galicia | NOTICIAS XINZO
Diario do Limia El nuevo helicóptero Black Hawk refuerza la lucha contra los incendios forestales en Galicia | NOTICIAS XINZO
Galicia incorpora a su dispositivo de lucha contra los incendios forestales un helicóptero pesado Black Hawk UH-60L, con capacidad para descargar más de 4.300 litros de agua. La aeronave, operada por la empresa Airworks Helicopters, fue presentada en la base aérea de Silleda, en un acto en el que participó la conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada por el director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, y los pilotos Nicolás Tamame y Abisai Carrascal. La conselleira do Med…
22 de octubre de 2026 3 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser