← Volver Diario do Limia

Un coche arde mentres circulaba pola autovía A-52 ao seu paso por Trasmiras

Un coche arde mentres circulaba pola autovía A-52 ao seu paso por Trasmiras

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un turismo quedou totalmente calcinado este xoves pola tarde tras comezar a arder mentres circulaba pola autovía A-52, á altura do municipio de Trasmiras.

O suceso ocorreu sobre as 17:45 horas no punto quilométrico 81, en sentido O Porriño. Aínda que o vehículo quedou completamente queimado, non houbo que lamentar danos persoais.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e os Bombeiros de Xinzo de Limia, que traballaron para apagar o lume e retirar o coche da vía. O incidente provocou retencións puntuais no tráfico mentres duraron os labores de extinción.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local Trasmiras
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense licita a xestión da planta de residuos de Xinzo e aproba novas axudas
Diario do Limia A Deputación de Ourense licita a xestión da planta de residuos de Xinzo e aproba novas axudas
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar a licitación do servizo de recollida e tratamento de restos de obras na planta de Morgade, en Xinzo de Limia, ademais de novas subvencións para concellos e eventos deportivos. O contrato para a xestión da planta de residuos de construción terá unha duración de 17 anos e un orzamento máximo de 6,1 millóns de euros. Esta instalación encargarase de recibir e tratar os refugallos das obras en toda a provincia. As empresas que queiran optar …
26 de octubre de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser