← Volver Dende A Limia

Xuntanza de familias do CDR O VISO en Lodoselo

Xuntanza de familias do CDR O VISO en Lodoselo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O pasado sábado volvéronse a xuntar en Lodoselo arredor de 130 persoas para celebrar o tradicional encontro das familias da Limia. Comezaron a chegar as primeiras familias sobre as dez da mañá e marcharon as últimas contra as dúas da tarde e nese espazo de tempo foron recibidas polo persoal e voluntariado do CDR O VISO cunha misión clara: gozar dun lecer saudable e rural en familia. 

Na presentación aproveitaron a compartir a campaña “Racha coas redes da dependencia dixital“, pedíndolles ás persoas participantes facer un uso responsable do móbil durante a xornada, para o cal se lles agasallou cunha bolsa para gardar o teléfono e sacalo o mínimo. A proposta foi pensada para evitar a aglomeración de móbiles sacando fotos das fillas e fillos, anunciándolles que as sacarían a Miriam e a Sarai e que se lles pasarían nos vindeiros días; o certo é que as familias acolleron moi ben a proposta e foron exemplares durante toda a mañá. Queremos aproveitar cada ocasión para animar ás familias a repensarmos o uso que facemos do móbil e a repercusión nas nenas e nenos.
A mañá transcorreu con calma e gozo: sacamos as ovellas da corte cara o destro, enredamos coa Muma e o Eo, amasamos co Camilo no forno comunitario de Lodoselo, experimentamos no Xardín dos Sentidos coa Pili e o Eloi, paseamos na burra Terra co Toño e coidamos os animais coa Estela. 

Os tres grupos ían acompañados polo persoal e voluntariado do CDR, e cando todos remataron xuntáronse  no albergue.
A xornada non puido ter mellor peche, e todas as que alí estaban, xunto coas persoas maiores da vivenda comunitaria, gozaron do bo facer da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no concerto “O Son que me Arrola“, unha proposta musical fermosísima na que a Doris, a Iria e a Azucena combinaron a nosa música tradicional, os arrolos, os elementos da natureza, o material de refugallo… e moita sabedoría popular, para facernos cantar e bailar en comunidade.Para as persoas que traballamos no CDR O VISO esta xuntanza é sempre un pulo de enerxía para seguir camiñando e implicándonos coa nosa veciñanza.

Esta actividade foi posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dentro do programa Familia e Comunidade.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
Dende A Limia Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia inicia este venres un programa cultural para conmemorar o aniversario da toma do transatlántico Santa María en 1961. Este suceso histórico foi unha acción de resistencia antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo. A programación destaca as seguintes actividades: Exposición “Love Velo”: Unha mostra fotográfica e documental dedicada á figura de Xosé Velo, que poderá visitars…
10 de junio de 2026 1 min lectura
XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Dende A Limia XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Os días 15 e 16 de xuño de 2026, Xinzo de Limia acollera a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia", unha iniciativa educativa e cultural transfronteiriza que une a Galicia co norte de Portugal. O evento reunirá a máis de mil nenos e nenas de centros educativos da comarca da Limia e da vila de Ponte de Lima, reforzando os vínculos históricos, culturais e humanos entre ambos territorios. Programación e intercambio cultural: A xornada contará cun intercambio de folclore e música tradicional, coa act…
10 de junio de 2026 2 min lectura
Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
Dende A Limia Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
As obras de intervención nas avenidas de Ourense e de Madrid están a entrar nunha etapa decisiva, estimándose que en aproximadamente dúas semanas as infraestruturas estean totalmente rematadas e listas para o seu uso. Recentemente, os traballos concentráronse no tramo elevado situado na curva da Praza Maior, onde se procedeu ao debuxado do asfalto e á sinalización final. Para garantir a calidade do acabado, o persoal técnico realizou o traballo de calentamento da capa asfáltica para a aplic…
4 de junio de 2026 1 min lectura