As Concellerías de Igualdade e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia organizan unha serie de actividades con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI+. O obxectivo destas xornadas é promover os valores da igualdade, o respecto e a diversidade, fomentando a sensibilización social e a construción dunha sociedade máis inclusiva.
Calendario de actividades:
-
Venres 26, 20:00 h (Salón de Plenos da Casa do Concello):
Celebración do faladoiro “Falemos sen etiquetas: un faladoiro pola diversidade”. Un espazo aberto ao público para o diálogo e a reflexión sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero. -
Sábado 27, 21:00 h (Praza Maior):
Realización da Festa LGTBI, que contará co acompañamento musical da Discomóbil Space.Durante este acto, lerse-á o manifesto do Orgullo LGTBI+, un acto simbólico para reafirmar o compromiso municipal coa visibilidade e os dereitos destas persoas. Ademais, repartiránse pañoletas conmemorativas ás persoas asistentes (ata fin de existencias).
Esta iniciativa busca crear un ambiente de convivencia e reivindicación, reforzando o compromiso do Concello coa igualdade de oportunidades e a defensa da diversidade.