O Concello de Xinzo de Limia organiza este venres, 30 de outubro, unha xornada de actividades de Samaín na Praza Maior para todos os públicos.
A festa comeza ás 17.00 horas e contará coa seguinte programación:
- 17.00 h: Obradoiros infantís e de elaboración de amuletos.
- 18.00 h: Percorrido terrorífico (en colaboración con ProLimia).
- 19.00 h: Chocolatada para os asistentes que vaian disfrazados.
- 20.00 h: Procesión de Ánimas, a cargo da asociación Civitas Limicorum.
- 21.00 h: Baile amenizado polo grupo En Mala Hora.
A xornada pecharase cun fin de festa con DJ, deseñado especialmente para o público máis novo.