← Volver Dende A Limia

Roubos en tres supermercados de Xinzo

Roubos en tres supermercados de Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A media tarde deste sábado a policía Local de Xinzo recibe unha chamada dun GC que non estaba de servizo, de que acaba de ver como dous individuos saíron cun carro cheo de aceite do Mercadona, sen pagar. Os axentes que estaban de servizo nese momento na praza Carlos Casares no festival de gaitas, trasládanse urxentes ata o lugar e atopan o coche dos «presuntos», procedendo a súa identificación e revisión do coche. 
ACEITE E QUEIXOS 

No maleteiro do coche atopan garrafas de aceite  e no asento de atrás queixos. O aceite foi o «motin» que sacaron do Mercadona e os queixos eran procedentes de anteriores roubos dos outros súper.
Cando os axentes ían proceder a súa detención, un dos asaltantes xa lle inquiriu ao axente que …»tranqui, que son menos de 400 €. Comprobando o prezo cos encargados do establecemento, efectivamente solo sumaba o sustraido 384 € co cal so é un furto de menor contía, co cal solo é un delito leve.

«Son profesionais destes roubos, van roubando en varios establecementos, pero sempre por debaixo dos 400 €. Non se poden acumular aínda que sexan un tras outro». (xefe policía local de Xinzo)
O xefe da policía recomendan que aínda que a cantidade sexa pequena, denuncien, para que cando se teñan 3 condenas executorias, si implica carcel. A diferencia entre os delitos é, delito  grave   que xa comporta detención e os leves (-400 €)  solo comporta identificación e denuncia loxicamente a autoridade xudicial, que foi o que fixeron os axentes.
Segundo indica  o xefe da policía, estes individuos parece que se trasladaron dende outros lugares e agora está pola comarca, co que deben estes establecementos é tomar medidas e estar atentos.
MODUS OPERANDI
Basicamente, continua explicando o axente, eles van collendo e sumando o que collen, arrincan pegatinas para que non soe ou dentro de bolsas de aluminio, para que non soen as alarmas. Pagan uns produtos e ocultan os outros saíndo «tranquilamente» do establecemento.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
Dende A Limia Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
O venres 29 de maio, Alejandro Portela incorporouse oficialmente ao pleno municipal de Sandiás. O novo edil pasa a ocupar a acta deixada por Pilar Cabrera, concelleira responsable das áreas de Política Social e Participación Veciñal, quen renunciou ao seu cargo por motivos de saúde. Durante o acto, o alcalde Felipe Traveso deu as boas vindas a Portela, expresando o desexo de que a súa labor sexa en beneficio dos veciños e veciñas. Por súa parte, o novo concelleiro manifestou a súa total disposi…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Dende A Limia Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Un equipo de documentalista composto por Manuel Calviño, Paula Cereixo e Lucas Terceiro (da produtora Tres Ínsuas) está a realizar un proxecto audiovisual centrado na historia das tecedeiras galegas. O obxectivo é recuperar a memoria viva desta tradición mediante os relatos de persoas que vivenciaron a época en que o cultivo e procesamento do liño era unha actividade fundamental nas familias. No marco deste documental, xa se realizaron gravacións importantes: En Lodoselo: Graváronse os relatos…
22 de junio de 2026 2 min lectura
María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
Dende A Limia María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
O Padroado do Museo da Limia comunicou o resultado do III Certame Literario Antón Tovar, no que o xurado decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Raiz de pereira” de María Carmen Gómez García. A autora, profesora xubilada de Lingua Galega e Literatura con longa traxectoria na comarca, recibirá un premio de 600 euros e a publicación da súa obra na revista Tempos Novos. A entrega do galardón terá lugar o sábado 20 de xuño ás 19:30 horas no Museo da Limia. O acto contará cun programa que inclúe …
15 de junio de 2026 1 min lectura