← Volver Dende A Limia

Os escolares de Xinzo aprenden sobre apicultura sostible co medio ambiente

Nos últimos días máis de 300 alumnas e alumnos dos CEIP Rosalia de Castro e Carlos Casares visitaron a exposición didáctica “1000 e 1 abellas, apicultura sostible para preservar o Planeta” que organiza a Fundación Osíxeno en colaboración con Ecoembes, a través do proxecto RECICLOS e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

As visitas guiadas estiveron dirixidas polos educadores ambientais Celia Navarrete e Marcos Miguel, que a través dos elementos e paneis expostos tentan concienciar e sensibilizar á xente nova sobre a problemática da redución das poboacións de insectos polinizadores silvestres.
A exposición tamén incide na relevancia das abellas para a agricultura, o paisaxe e a biodiversidade, abordando así o problema dende diferentes puntos de vista. Orixe, situación actual, beneficios e prexuízos, problemas xerados e con elo, tamén a busca de alternativas, cambios dos nosos hábitos de consumo, fomento a educación, formación e investigación.

Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
Dende A Limia Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
A Deputación de Ourense presentou a nova edición de dous dos seus clásicos campamentos de verán, que se desenvolverán no Complexo Turístico de O Corgo (Muíños), nun enclave próximo á praia fluvial das Conchas. No acto de presentación participaron representantes da Deputación e das entidades organizadoras de cada proxecto. Ourense Explora Este proxecto, organizado por Sustinea en colaboración coa Deputación, ten un enfoque lúdico e educativo, combinando actividades de natureza, deportes, xogos …
3 de junio de 2026 2 min lectura
Sexta edición da Xurés Bike Tour: impulso ao turismo deportivo en Ourense
Dende A Limia Sexta edición da Xurés Bike Tour: impulso ao turismo deportivo en Ourense
A Deputación de Ourense, a través do Inorde e con o apoio da Xunta de Galicia, presentou a sexta edición da Xurés Bike Tour, unha proba de bicicleta de montaña que se celebrará os días 13 e 14 de xuño. O evento terá lugar nos concellos de Bande, Muíños e Lobeira, situados no corazón do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O obxectivo principal desta iniciativa é fomentar o turismo deportivo e sostible para dinamizar o territorio e poñer en valor os seus recursos naturais. Segundo o presid…
9 de junio de 2026 2 min lectura
O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
Dende A Limia O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
O Antela logrou unha vitoria decisiva ante o Betanzos no estadio García Hermanos, un resultado que lle permite avanzar na competición grazas a unha estratexia táctica eficiente e ao protagonismo de pezas clave. Estratexia e desenvolvemento do partido A clave do triunfo residiu na xestión táctica do adestrador Bruno Gómez, quen introduciu a Couto no medio campo para neutralizar o xogo do rival e ofrecer soporte á liña defensiva composta por Boán e Constela. O equipo limiano apostou por un model…
8 de junio de 2026 1 min lectura