← Volver Dende A Limia

O PSdeG-PSOE denunciará nos xulgados a vulneración dos dereitos dos concelleiros socialistas de Rairiz tras un pleno «Esperpéntico» no que prosperou a moción de censura

O PSdeG-PSOE denunciará nos xulgados a vulneración dos dereitos dos concelleiros socialistas de Rairiz tras un pleno «Esperpéntico» no que prosperou a moción de censura

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia o “esperpento institucional” vivido hoxe no concello de Rairiz de Veiga, onde prosperou a moción de censura contra a alcaldesa socialista, Asunción Morgade Rúa, nun pleno marcado polas irregularidades na notificación da convocatoria a dous concelleiros socialistas, que non puideron participar na sesión. As e os socialistas anuncian que, a través da propia Asunción Morgade e dos concelleiros do grupo municipal do PSdeG-PSOE, levarán esta situación aos xulgados ao considerar que se vulneraron os dereitos fundamentais dos dous representantes electos, Manuel Carnero Saburido e José Ramón Ferreiro Salgado, ao non seren notificados en legal forma da celebración do pleno. O PSOE entende que esta situación lles impediu exercer plenamente o seu dereito de asistencia, participación, debate e voto nunha sesión decisiva para o futuro político do municipio.A sesión extraordinaria, prevista para as 12.00 horas, comezou con arredor de vinte minutos de atraso e cunha importante controversia sobre a súa celebración, despois de que se puxese de manifesto que as notificacións a dous dos concelleiros socialistas non foran remitidas por carta certificada e que, polo tanto, non recibiran a comunicación da convocatoria. A incidencia xa fora advertida formalmente o día anterior por Asunción Morgade mediante un escrito rexistrado ante a secretaría municipal, que foi lido ao comezo do pleno.No documento solicitábase comprobar as notificacións e as constancias da súa recepción, emitir un pronunciamento xurídico sobre as consecuencias da omisión e deixar constancia expresa da incidencia na acta. O escrito advertía de que a falta de comunicación individual aos dous representantes electos podía supoñer unha vulneración do artigo 197.1.c da LOREG e do artigo 23 da Constitución, que protexe o dereito fundamental á participación política e ao exercicio efectivo do cargo representativo.Para o PSdeG-PSOE, non se trata dunha cuestión formal nin dun defecto menor. “A ausencia de dous concelleiros nun pleno destas características prívalles da posibilidade de coñecer, asistir, intervir e votar nunha decisión que afecta directamente á composición do goberno municipal”, sinalan. As e os socialistas consideran que a eventualidade de que os seus votos non alterasen o resultado “non elimina a gravidade da vulneración denunciada”.Finalmente, a moción de censura prosperou cos cinco votos dos seus promotores, fronte aos dous votos en contra dos concelleiros socialistas presentes. A nova maioría estivo conformada polos dous concelleiros do Partido Popular, dous edís procedentes do BNG que pasaron ao grupo de non adscritos e un concelleiro que abandonou o grupo socialista.Álvaro Vila: “O PP de Luís Menor volve recorrer ao transfuguismo e ás prácticas máis escuras do baltarismo”O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila, considera que o acontecido hoxe en Rairiz de Veiga “é un episodio moi grave para a democracia municipal e unha nova demostración de que o PP de Luís Menor segue instalado nas prácticasde sempre”. O dirixente socialista denuncia que os populares “cando non conseguen nas urnas o poder que pretenden, buscan atallos, negocian con tránsfugas e intentan alterar pola porta de atrás a vontade expresada democraticamente pola cidadanía”.Vila cualifica de “esperpéntico” o desenvolvemento da sesión e considera especialmente preocupante que dous concelleiros electos non recibisen correctamente a notificación do pleno. “Non se pode falar de normalidade democrática cando dous representantes da veciñanza quedan fóra dunha sesión na que se decide quen goberna o seu concello. O dereito a participar nun pleno non é unha concesión nin unha cuestión secundaria: é un dereito fundamental que debe ser respectado e garantido”.Neste sentido, anuncia que o PSdeG-PSOE acudirá aos tribunais para defender os dereitos dos dous concelleiros afectados. “Non imos permitir que se pase por enriba dos dereitos fundamentais dos representantes públicos para sacar adiante unha operación política. Imos defender os seus dereitos ata as últimas consecuencias e pediremos que a xustiza determine o alcance destas irregularidades e as consecuencias que deben ter sobre a sesión celebrada”.O secretario provincial tamén cuestiona a actuación do Partido Popular e, especialmente, do seu presidente provincial, Luís Menor. “Queremos saber que papel xogou o PP nesta operación e se estamos ante unha decisión realmente autónoma dos seus concelleiros ou ante unha estratexia deseñada para que Luís Menor poida desentenderse politicamente das consecuencias. Cambiar de grupo municipal non cambia a realidade dos feitos nin elimina a responsabilidade de quen promoveu, negociou ou facilitou esta moción”.“Que nolo explique Luís Menor. Non chega con mirar para outro lado nin con permitir que os concelleiros actúen pola súa conta cando interesa e despois intentar desvincularse das consecuencias. Se o PP está detrás desta moción, ten que asumir a súa responsabilidade política”, engade.Asemade, tamén apunta que “a dirección provincial dos populares levaba dende a romaría da Saínza artellando esta moción de censura”Asunción Morgade reivindica once anos de traballo e lembra que o PSOE foi a forza máis votadaPola súa banda, a alcaldesa saínte, Asunción Morgade Rúa, reivindicou o traballo desenvolvido durante os seus once anos á fronte do concello e lembrou que a candidatura socialista obtivo o 26 % dos votos nas últimas eleccións municipais.“É importante que a veciñanza coñeza tanto o resultado electoral como os acordos políticos que se produciron despois. A moción de censura é un mecanismo previsto na lei, pero iso non debe impedir que se coñeza como se conformou esta nova maioría e que intereses hai detrás”, sinalou.Morgade tamén puxo o foco na falta de compromiso coa actividade municipal dalgúns dos concelleiros que promoveron a moción. A rexedora cuestionou que persoas que levan longos períodos sen asistir ás sesións plenarias amosen agora un interese repentino pola Alcaldía. “É lexítimo preguntarse como se exerce a responsabilidade de ser concelleiro cando se pasan períodos tan prolongados sen asistir aos plenos e, de súpeto, aparece este interese por quitarme da alcaldía”.A socialista lembrou que en 2015 tivo a honra de converterse na primeira muller en ocupar a Alcaldía de Rairiz de Veiga e que durante estes once anos traballou coa vontade de defender os intereses da veciñanza. “Nunca dixen que todo fose perfecto, pero sempre traballei con dedicación e responsabilidade. Considero que deixo un concello mellor do que atopei, que avanzou economicamente, mellorou a súa organización e foi capaz de afrontar importantes dificultades”.A este respecto, lembrou que cando chegou á alcaldía o concello atravesaba unha situación económica complicada, cun remanente de tesouraría negativo superior aos 215.000 euros no exercicio de 2014. Morgade reivindicou o esforzo realizado durante os seus mandatos para ordenar a administración municipal, planificar os recursos e atender as necesidades da cidadanía.O PSdeG-PSOE reafirma o seu apoio á alcaldesa e ao equipo socialista de RairizO PSdeG-PSOE de Ourense traslada o seu respaldo “absoluto” a Asunción Morgade e ao conxunto do equipo socialista de Rairiz de Veiga. Ase ossocialistas consideran que a alcaldesa foi vítima dunha operación política construída sobre acordos de conveniencia e transfuguismo, allea ás necesidades reais do municipio e que agora se ve agravada polas irregularidades denunciadas na convocatoria do pleno.“Asunción Morgade non está soa. Ten detrás a todo o Partido Socialista de Ourense, o apoio da nosa organización e o recoñecemento ao traballo que realizou polo seu concello. Non imos permitir que se normalice que os intereses particulares ou as ambicións políticas dalgúns estean por riba do respecto ás institucións e á democracia”, conclúe Álvaro Vila.As e os socialistas reclaman a Luís Menor que dea explicacións públicas sobre o papel do PP nesta operación e asuma as responsabilidades políticas que lle corresponden. “Cambian as caras, pero as prácticas seguen sendo as mesmas. O baltarismo non pode seguir sendo o manual de instrucións do Partido Popular de Ourense. A democracia consiste en respectar sempre a vontade da cidadanía e os dereitos dos seus representantes, non só cando os resultados benefician ao PP”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O A.B. Xinzo suma importantes vitorias no baloncesto local
Dende A Limia O A.B. Xinzo suma importantes vitorias no baloncesto local
O Club de Baloncesto de Xinzo tivo unha xornada intensa esta fin de semana con varios partidos nas súas categorías de base e sénior, destacando os triunfos dos equipos masculino e infantil. Estes foron os resultados destacados dos encontros disputados en Xinzo: Sénior masculino: Gañaron ao Seis do Nadal de Vigo por máis de 30 puntos de diferenza. Con este resultado, levan un balance de 2 partidos gañados e 2 perdidos. Cadete masculino 2011: Estreáronse na segunda fase (fase de ascenso) cunha …
1 de noviembre de 2026 1 min lectura
Listas electorais definitivas para o Congreso e o Senado
Dende A Limia Listas electorais definitivas para o Congreso e o Senado
Xa se fixeron públicas as candidaturas oficiais dos partidos que concorrerán ás próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Estes son os nomes que aparecen nas papeletas para representar á cidadanía. Para o Congreso dos Deputados, estas son as formacións que presentan lista: PSdeG-PSOE: Encabezada por María Del Carmen Rodríguez Dacosta. Frente Obrero: Liderada por Laia González Gandia. PCTG: Brais Coello Vences encabeza a lista. Podemos: Antonio José Naval Calviño encabeza a c…
28 de octubre de 2026 2 min lectura
Xinzo de Limia acolle este sábado a III Rebelión Docente
Dende A Limia Xinzo de Limia acolle este sábado a III Rebelión Docente
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia celebra este sábado, 17 de outubro, a terceira edición da xornada educativa «O cambio está en ti», dirixida a profesionais do ensino. O evento desenvolverase de 9.00 a 20.30 horas e contará con diversos relatores expertos en pedagoxía e neurociencia: Raúl Bermejo: creatividade e neurociencia. Víctor Arufe: como conectar co alumnado. Sabela Salgueiro: educación sexual integral. Teresa Neira: alfabetización con sentido. América Gamote: o coidado emocional …
15 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser