← Volver Dende A Limia

O pleno acordou unha taxa especial reducida para o pago da auga por mor de fugas

O pleno acordou unha taxa especial reducida para o pago da auga por mor de fugas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Despois de un minuto de silencio dos membros da corporación de Xinzo, en sinal de condolencia polas víti,as do accidente ferroviario da semana pasada, transcorreu coa normalidade acadada durante esta lexislatura, agás da abstención do grupo do BNG no punto de engadir a denominación de «cantareiras» ao nome oficial da Escola Municipal de Gaitas e Percusión.No bloque económico, saíu adiante a concertación dunha operación de tesourería por valor de 2,5 millóns de euros para o período 2026-2027, co voto favorable do goberno local e a abstención da oposición (BNG e PSdeG). O equipo de goberno defendeu a necesidade desta liña de crédito a curto prazo para facer fronte a gastos correntes e adiantar os pagamentos de numerosas subvencións vivas que se deben xustificar nas vindeiras semanas, mentres que a oposición criticou que as arcas municipais teñan que asumir custos financeiros derivados da morosidade ou demoras dos pagos por parte da Xunta de Galicia. Reforma de taxas e apoio ás familias ante fugas de auga Grupo da oposiciónA corporación aprobou a actualización das ordenanzas fiscais reguladoras da taxa por subministración de auga e da depuración e sumidoiros para repercutir a suba do IPC anual. Con todo, saíu adiante unha modificación substancial moi agardada que introduce un mecanismo de cálculo bonificado para protexer ás persoas usuarias que sufran un consumo desmesurado por avarías ou roturas na rede. Dende a bancada da oposición demandouse ao goberno que esta medida se comunique de xeito pedagóxico e cun aviso visible nas facturas para que a veciñanza saiba como e en que prazo reclamar.Impulso a Trandeiras e tributo ás cantareiras Outro dos asuntos centrais foi o proxecto da segunda fase para a posta en valor das infraestruturas hidráulicas do Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras. O grupo de goberno  desbloqueou os condicionantes requiridos por Patrimonio e o reaxuste das anualidades orzamentarias, o que permitirá á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licitar de xeito inminente un investimento que rolda os 920.000 euros.Así mesmo, aprobouse o cambio de denominación da Escola Municipal de Gaitas e Percusión, que pasará a incorporar oficialmente a mención «ás Cantareiras» como recoñecemento ético e histórico ao papel fundamental das mulleres na transmisión oral e no folclore tradicional. O punto saíu adiante cos votos a favor de PP e PSdeG e a abstención do BNG, que reclamaba acompañar a mudanza de nome cun plan de acción e partidas formativas concretas. Pola contra, non prosperou a urxencia dunha moción presentada polo Bloque en apoio á folga xeral do 11 de novembro polo dereito á vivenda. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense reparte 418.000 euros en axudas para concellos e entidades
Dende A Limia A Deputación de Ourense reparte 418.000 euros en axudas para concellos e entidades
A Deputación de Ourense aprobou hoxe subvencións por valor de 418.036 euros para financiar obras, melloras ambientais e actividades culturais en varios municipios da provincia. O groso dos fondos, 398.036 euros, destínase a proxectos en nove concellos: A Veiga: 130.000 euros para mellorar o centro de empresas CIMA e os seus accesos. Paderne de Allariz: 110.000 euros para renovar o servizo de auga en Ermide e Eiravedra. Esgos: 48.000 euros para arranxar estradas municipais. Bande e Entrimo: …
19 de octubre de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense inviste 747.000 euros para crear vivendas de alugueiro en 20 concellos
Dende A Limia A Deputación de Ourense inviste 747.000 euros para crear vivendas de alugueiro en 20 concellos
A Deputación de Ourense aprobou a segunda edición do seu Plan de Vivenda, que destina preto de 747.000 euros para axudar a 20 municipios a recuperar inmobles para alugueiro. O obxectivo deste plan é dobre: rehabilitar edificios baleiros ou abandonados e facilitar que máis xente poida vivir nos concellos do rural. As axudas, que en moitos casos chegan aos 40.000 euros por proxecto, serven tanto para comprar edificios como para reformar antigas escolas ou vivendas municipais. Os 20 concellos ben…
5 de octubre de 2026 2 min lectura
A Deputación de Ourense e o Consello da Cultura Galega colaborarán en proxectos culturais e de memoria histórica
Dende A Limia A Deputación de Ourense e o Consello da Cultura Galega colaborarán en proxectos culturais e de memoria histórica
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, acordaron hoxe en Ourense impulsar varias iniciativas culturais conxuntas. O acordo céntrase nos seguintes puntos: Homenaxe a Carlos Casares: Colaboración en actos polo 25º aniversario do pasamento do escritor en 2025. Concerto infantil en O Carballiño: A vila acollerá en 2028 a actuación “No bico un cantar”, que mestura música e poesía. Patrimonio cultural: Dixitalización e di…
21 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser