Un cento de alumnos do IES Chapela realizaron unha visita ao CDR para ver de primeira man os servizos que se ofrecen no medio rural e as súas oportunidades laborais.
A xornada dividiuse en dous percorridos segundo a formación de cada grupo:
- Educación Infantil: visitaron o forno, as Casas da Memoria e o xardín sensitivo para ver como se traballa o aprendizaxe en contacto coa natureza e a historia local.
- Atención Sociosanitaria: coñeceron o centro de día, a vivenda comunitaria e o programa Xantar no Fogar, centrado en axudar ás persoas maiores a vivir con autonomía no seu entorno.
O obxectivo foi amosar o potencial do mundo rural e a importancia de ofrecer unha atención próxima, centrada nas necesidades de cada persoa e da súa comunidade.