O autor nado en Xinzo de Limia, Johan Xesús Arias, entregou dous dos seus últimos libros á Biblioteca Municipal. Con este xesto, o centro amplía a súa colección coa obra dun escritor local que xa contaba con outros títulos nas estanterías do centro.
A doazón permite que os veciños poidan acceder máis facilmente á produción literaria de Arias, que escribe en galego, castelán e francés. O escritor, que ten unha longa traxectoria no ámbito cultural, desenvolveu parte da súa carreira como docente e comunicador en España e Francia.
Entre a súa obra, que abarca a novela, o relato e o teatro, destacan títulos como:
- Le Pacte de l’oubli / El pacto del olvido
- Donde el corazón
- Camina
- Les Contes de l’aube
- El Fatalista
- Las Rosas
- Solo Comedia
- No Concerto
O Concello de Xinzo agradeceu a achega, sinalando que estas publicacións axudan a conservar o patrimonio literario vinculado á comarca da Limia.