← Volver Dende A Limia

Máis de mil alegacións contra o proxecto de minaría a ceo aberto Novo Frixo, na Limia

Máis de mil alegacións contra o proxecto de minaría a ceo aberto Novo Frixo, na Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA e o MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA, en colaboración coa plataforma MINA NOVO FRIXO NON, conformada por veciñanza de Cualedro, Laza e Sarreaus, rexistrou este luns 380 alegacións contra os permisos de investigación ao proxecto Novo Frixo, de minaría a ceo aberto, que afecta a estes tres concellos limianos.

A plataforma MINA NOVO FRIXO indicou que terá rexistradas aproximadamente outras 700 alegacións ao proxecto durante o traballo de información á veciñanza realizado nas dúas últimas semanas na Limia.
O prazo de exposición pública nesta fase do procedemento rematou hoxe, e agora a Administración deberá atender e responder as alegacións presentadas pola veciñanza, concellos e outras entidades e colectivos ecoloxistas.
Tamén rematou o prazo para alegar contra os outros dous proxectos: Novo Cima, que afecta a Verín e Vilardevós, e Novo Arboim, que afecta a Oímbra. Desde a Plataforma comarcas Limia-Verín NON AS MINA, na que nos estamos a agrupar os diversos colectivos veciñais e ambientalistas, sinalan a cifra de 1.000 alegacións contra cada un destes proxectos. Polo que a resposta veciñal en apenas dúas semanas de campaña de información e recollida de alegacións ten sido notábel 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Concerto de fin de curso do Conservatorio
Dende A Limia Concerto de fin de curso do Conservatorio
Como o texto proporcionado é moi breve e contén apenas un título e unha mención a unha galería, o resumo limítase á información contida nesa breve frase: A noticia informa sobre a celebración do concerto de fin de curso no conservatorio, destacando a existencia dunha galería de fotos que documenta o evento.
19 de junio de 2026 1 min lectura
Laura Penín Santiago fai historia como a primeira muller graduada en vento metal no Conservatorio de Xinzo de Limia
Dende A Limia Laura Penín Santiago fai historia como a primeira muller graduada en vento metal no Conservatorio de Xinzo de Limia
Laura Penín Santiago, natural de Xinzo de Limia, converteuse na primeira muller en graduarse nun instrumento de vento metal no Conservatorio de Xinzo de Limia tras rematar os seus estudos de trompeta o pasado venres. Este logro é o resultado dun esforzo de dez anos de formación. Durante o seu último curso, Laura tivo que compaginar a súa vida universitaria na Coruña coa súa formación musical nos fins de semana, un desafío que superou para alcanzar o seu obxectivo. A trompetista destacou a desi…
22 de junio de 2026 1 min lectura
A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
Dende A Limia A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
A Asociación Cultural Civitas Limicorum de Xinzo de Limia participou na edición especial Annus Argenteus do Arde Lucus, que conmemorou o seu vixésimo quinto aniversario na cidade de Lugo. A asociación mantén unha vinculación histórica co festival, estando presente desde as súas primeiras edicións e contribuíndo á consolidación deste evento como referente de Interese Turístico Internacional. A delegación da Civitas Limicorum, integrada por membros que representan tanto o bando castrexo como o ro…
22 de junio de 2026 1 min lectura