← Volver Dende A Limia

Luis Menor levará de secretaria xeral do partido a alcaldesa de Bande

Luis Menor levará de secretaria xeral do partido a alcaldesa de Bande

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, proporá ao plenario do 19º Congreso provincial extraordinario do próximo 13 de xullo o nomeamento de Sandra Quintas, alcaldesa de Bande e directora territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, como nova secretaria xeral dos populares ourensáns. 

Sandra Quintas é a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo hoxe Luis Menor tras facer público este anuncio, lembrando que ocupou a secretaría da xestora provincial desde a súa constitución, en novembro pasado, e dirixiu as campañas electorais das autonómicas e as europeas, nas que conseguimos grandes resultados”.
 
O candidato destacou “a inmensa capacidade de traballo” de Sandra Quintas, engadindo entre as súas principais características “unha visión moi ampla do partido, o coñecemento que ten dos representantes populares que ocupan postos de responsabilidade por toda a provincia, e a súa experiencia na administración galega”.  Ademais, a súa condición de alcaldesa “aporta ese carácter municipalista que é base de todo o partido”. 
Agradecida pola proposta, Sandra Quintas afirmou que seguirá traballando coa mesma intensidade para consolidar o PPdeOU como “o partido de Ourense, un obxectivo para o que imos ter a un gran presidente”. 
MESTRA, DIRECTORA TERRITORIAL E ALCALDESA
Diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, Sandra Quintas (Bande, 1982) é funcionaria de carreira da Xunta de Galicia do corpo de mestres, impartindo docencia desde 2007 e ata 2019 en diferentes centros educativos da provincia. 
Achegouse á administración galega no 2019, cando foi nomeada xefa territorial de Cultura e Turismo, cargo que ocuparía ata o seguinte ano, cando pasou a ser xefa do Servizo de Coordinación Cultural. Na actualidade é directora territorial en Ourense da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. 
Comezou a súa traxectoria política en 2015 como concelleira en Bande, accedendo á alcaldía cinco anos despois, en 2020, sendo unha militante activa tanto no seu municipio como na comarca da baixa Limia e a nivel provincial.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
Dende A Limia Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
A Deputación de Ourense presentou a nova edición de dous dos seus clásicos campamentos de verán, que se desenvolverán no Complexo Turístico de O Corgo (Muíños), nun enclave próximo á praia fluvial das Conchas. No acto de presentación participaron representantes da Deputación e das entidades organizadoras de cada proxecto. Ourense Explora Este proxecto, organizado por Sustinea en colaboración coa Deputación, ten un enfoque lúdico e educativo, combinando actividades de natureza, deportes, xogos …
3 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta e o Concello de Sandiás acordan colaboración para financiar proxectos estratéxicos
Dende A Limia A Xunta e o Concello de Sandiás acordan colaboración para financiar proxectos estratéxicos
O pasado luns 25 de maio, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, acompañado polos concelleiros Tito Traveso e Benigno Casares. Este encontro forma parte dunha serie de contactos que o Goberno galego está a levar a cabo cos distintos concellos da comunidade para analizar iniciativas que requiran o apoio da Administración autonómica. O obxectivo principal da sesión foi tratar diferentes proxectos destinados a reforzar os serviz…
26 de mayo de 2026 1 min lectura
Reflexión sobre o protagonismo da enfermidade e o caso de A Filgueira
Dende A Limia Reflexión sobre o protagonismo da enfermidade e o caso de A Filgueira
O texto analiza o comportamento de certas persoas que parecen gozar da súa mala saúde, utilizando as súas dolencias como unha ferramenta de competición social. O autor observa que existe un grupo de individuos que, en lugar de padecer as súas enfermidades de forma discreta, buscan captar a atención estexando os seus síntomas e minimizando os problemas de saúde dos demais para potenciar os seus propios. A través de varias anécdotas cotidianas —como encontros en cafés ou visitas a enfermos en hos…
19 de junio de 2026 1 min lectura