← Volver Dende A Limia

Luis Menor inicia na Baixa Limia a presentación do seu programa como candidato á presidencia do PP de Ourense

Luis Menor inicia na Baixa Limia a presentación do seu programa como candidato á presidencia do PP de Ourense

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, iniciou esta tarde nas comarcas de Celanova e Baixa Limia un percorrido pola provincia para presentar as súas propostas de partido aos 695 compromisarios que participarán o próximo 13 de xullo no 19º Congreso provincial extraordinario do PP ourensán.

Na sede popular en Celanova e no salón de actos do Concello de Bande, Luis Menor detallou un programa de partido estruturado en dúas áreas de traballo, orgánica e de funcionamento, para unha nova etapa popular cuxo obxectivo é “transmitir orgullo de partido”.
Polo que respecta á área de organización, o candidato formulou propostas que teñen como finalidade ofrecer máis asesoramento xurídico e técnico aos portavoces municipais; dar protagonismo ás voces máis veteranas e á mocidade do partido; maior atención ao colectivo emigrante; continuar afondando na estrutura comarcal; e promover a afiliación.
Para o funcionamento do partido, Luis Menor propón unha maior coordinación entre cargos institucionais e electos nos distintos niveis de administración; formación adaptada ás necesidades dos representantes do partido; unhas sedes máis activas, xunto con encontros da militancia; e a procura de novos modelos de comunicación tanto interna como externa.
SECRETARÍA DE IGUALDADE
Un dos aspectos nos que incidiu Luis Menor nesta primeira xornada de campaña interna foi a necesidade de incentivar a presenza feminina nos órganos do partido e, con elo, promover a incorporación de máis mulleres á vida política.
Neste sentido anunciou que creará unha Secretaría de Igualdade, co concurso da trintena de mulleres do Partido Popular que ocupan alcaldías, representan ao PP como portavoces municipais na oposición, altos cargos na Xunta de Galicia, parlamentarias galegas, e deputadas e senadoras (11 alcaldesas; 5 portavoces; 4 deputadas provinciais; 6 altos cargos na Xunta; 2 parlamentarias galegas; 2 deputadas no Congreso; e 2 senadoras).
O Partido Popular é a formación política con maior representatividade feminina no ámbito local, onde unha de cada dúas concelleiras galegas pertencen ao PP galego, lembrou Menor, quen destacou que o PP de Ourense ten o maior número de alcaldesas en comparación con outras formacións políticas. “Apostamos por unha igualdade real e efectiva, pero sen cotas, onde o que prima sexa a valía das persoas”, engadiu.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
Dende A Limia O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
VeteransOs veterans masculinos, xogaron onte a tarde en Baños de Molgas, perderon por tan só 7 puntos. SeniorOs Senior enfrontáronse ao Estudiantes, nun partido no que se xogaban moito pero que non dependía deles. Necesitaban unha última vitoria e que os demais equipos non tiveran resultados favorables, pero non puido ser.Os nervios e o arbitraxe xogaronlle unha mala pasada o A.B.Xinzo, facendo que no último cuarto non puideran remontar o marcador, perdendo por tan só 13 puntos. Pero aínda así c…
17 de mayo de 2026 2 min lectura
Encontro amistoso de natación en Xinzo
Dende A Limia Encontro amistoso de natación en Xinzo
Esta mañá celebrouse na piscina climatizada de Xinzo un torneo de natación que reuniu a nadadores de todas as categorías. O evento carácter amistoso contou coa participación de varios clubes: Flavitos, o Clube de Natación de Chaves, o Miraflores e Piscina de Verín e o club local da Limia. O obxectivo principal deste encontro foi o fomento do deporte e a convivencia entre os participantes, de tal xeito que todos os nadadores recibirán unha medalla como parte da experiencia.
30 de mayo de 2026 1 min lectura
Presentación da XI edición do Ouren Sound Fest en San Cibrao das Viñas
Dende A Limia Presentación da XI edición do Ouren Sound Fest en San Cibrao das Viñas
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presentou a undécima edición do Ouren Sound Fest, un evento que este ano cambia de escenario para trasladarse ao campo de fútbol do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. Este movemento busca a descentralización da cultura cara ao interior de Galicia e o obxectivo de consolidar a provincia como un referente musical. A programación musical desta edición califícase como de "primeiro nivel", combinando artistas de relevancia nacional —destaca…
20 de mayo de 2026 2 min lectura