← Volver Dende A Limia

Grande exito e acollemento as Escolas de Fronteira

Grande exito e acollemento as Escolas de Fronteira

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Neste curso, participaron na iniciativa un total de 49 centros de España e Portugal, deles seis galegos. Trátase dos colexios CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra do Miño), CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui, CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia), CEIP Princesa de España (Verín) e CEIP Plurinlingüe Amaro Refojo (Verín). 
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP felicitounos pola  súa disposición por formar parte desta iniciativa e polo seu interese por tecer redes educativas e culturais cos centros do país veciño. Durante a xornada, os colexios participantes presentaron o seu proxecto en conxunto co seu centro espello portugués, co cal promoveron a creación e intercambio de recursos pedagóxicos. Para levar a cabo estas actividades, o profesorado realizou unha formación específica sobre metodoloxía de proxectos multiculturais.
Así mesmo, participaron no encontro representantes da Embaixada de España en Portugal, así como membros das delegacións e gobernos de Portugal, Estramadura e Castela e León.
O encontro evidencia a importancia de fomentar a promoción da identidade común dos pobos galego e portugués, dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono.  As actividades interdisciplinarias realizadas engloban as realidades de ambos países e, en particular, o territorio fronteirizo no que se atopan.
Proxecto EBIF
O proxecto EBIF (escolas bilingües e interculturais de fronteiras) promove a educación intercultural e bilingüe nos centros situados na zona fronteiriza entre España e Portugal. A iniciativa fomenta a cooperación entre ambos países e as comunidades autónomas, coa Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) como socio estratéxico. Ademais, conta coa participación das Universidades de Aveiro e Complutense de Madrid, as cales tamén asistiron a inauguración do encontro internacional.
A iniciativa fomenta as relacións entre ambos países e as comunidades autónomas. Por iso, durante a xornada, establecéronse as liñas da próxima edición en relación a autonomía, formación e recursos, co fin de continuar promovendo as competencias bilingües e interculturais entre centros, docentes e alumnos de Galicia e Portugal.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Presentación do libro "Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos"
Dende A Limia Presentación do libro "Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos"
Data e hora: Venres, 22 de maio, ás 20:00 h Lugar: Biblioteca Pública Antelana Autor: Xosé Manuel del Caño A Biblioteca Pública Antelana acollerá a presentación da nova obra de Xosé Manuel del Caño, titulada "Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos". O libro ofrece unha mirada ás historias e ao compromiso das persoas que traballaron para preservar a lingua e a literatura galegas durante períodos complicados. Persoas participantes: X. M. del Caño: Autor da obra. J…
16 de mayo de 2026 1 min lectura
Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
Dende A Limia Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
No xardín da Casa Parroquial de Xinzo, celebrouse a entrega do Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025 á figura de Víctor Fernández Freixanes. O evento, que reuniu a autoridades e amigos, serviu para recoñecer a traxectoria do escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega. Homenaxe á labor de Freixanes Durante o acto, María López Sández pronunciou unha laudatio onde destacou a filosofía de Freixanes de "comunicar para crear comunidade". Resaltou o seu impacto multidisciplinar na cul…
30 de mayo de 2026 2 min lectura
Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata uniu Verín e Xinzo de Limia
Dende A Limia Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata uniu Verín e Xinzo de Limia
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organizou unha nova etapa de sendeirismo na Vía da Prata, na que participaron preto de 40 peregrinos. O percorrido uniu os concellos de Verín e Xinzo de Limia, partindo cunha conexión entre a Vía da Prata e o Camiño Portugués do Interior na zona de Feces. Esta actividade está integrada no proxecto europeo Interreg “Camiño Vertical”, unha iniciativa orientada á promoción do turismo sustentable e á posta en valor dos itinerarios culturais e naturais no…
9 de junio de 2026 2 min lectura