As Festas das Neves reuniron esta tarde a máis de 450 persoas nunha degustación de tres tortilladas xigantes organizadas pola comisión de festas.
Para preparar este banquete colectivo utilizáronse ingredientes locais de primeira calidade:
- 100 bolsas de patacas.
- 15 quilos de pementos de Padrón.
- Pan da panadería Faragullas.
A xornada estivo amenizada pola actuación musical da orquestra Solara, que acompañou aos comensais durante o evento.