← Volver Dende A Limia

Gonzalo Sueiro, xa é fillo adoptivo de Xinzo

Gonzalo Sueiro, xa é fillo adoptivo de Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O salón de actos da Casa da Cultura, escenario do acto protocolario da entrega da medalla e o diploma que o converte noutro dos fillos adoptivos de Xinzo, quedouse pequeno para recibir a todas as persoas, veciños e amigos do homenaxeado, vidos dende moitos lugares da xeografía ourensá e galega.

Foto de familia de todos os protagonistas do acto
Un máis que emocionado Gonzalo recibiu de Amador Díaz, alcalde da vila a medalla e o diploma que o converte dende hoxe dun dos fillos adoptivos do concello que realmente máis apoio tivo na historia de Xinzo.
Delfín Caseiro foi o mestre de cerimonias do acto que comezou cunha interpretación musical por parte de profesores e alumnas do conservatorio de Xinzo para pasar logo as intervencións do alcalde e concelleiro de Cultura e posteriormente a lectura do acordo por unanimidade do concello.
UN SOÑO DO 2050

Unha das intervencións esperadas por todos era a de Xesús Alonso Montero, académico galego e compañeiro do PC de Sueiro dende a clandestinidade. O escritor e catedrático non quixo facer unha laudatio ao corrente, porque sería repetirse do que dixeran outros. Na súa intervención relatou un soño alo polo 2050 na que uns estudantes da época vivían dúas anécdotas na súa visita a un parque, acompañados polos seus profesores. A intervención do académico foi longamente aplaudida polos presentes, que como se dixo, abarrotaban o patio de butacas, entre os que se atopaban, alumnos do “maestro” Gonzalo, compañeiros de traballo do político Gonzalo e compañeiros do partido, do militante do PC e PSOE na súa traxectoria.
Un mundo de historias

Tomou despois a palabra o homenaxeado, moi emocionado para facer un pequeno percorrido pola súa traxectoria, primeiro como militante clandestino do PC onde coñeceu a Santiago Carrillo, e como poñente da primeira lei de educación do 70, de onde lle ven a amizade con Alonso Montero. Tamén non deixou pasar por alto o feito que  por unanimidade de todos os partidos da corporación se acordase outorgar este recoñecemento a unha persoa tan rara como el.
Para rematar chegaron os saúdas en vídeo dos que non podían estar no día de hoxe acompañando ao homenaxeado, entre os que estaba o do ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.
Os dous fillos de Gonzalo e Loa, presentes no acto, interviron para agradecer esta distinción para seu pai e sobre todo a todos os que lanzaron a proposta, Alfonso Lois e os do grupo de traballo nos que estiveron entre outros, Delfín Caseiro, Lalo Pavón e Pablo García Bibanco.

Público que encheu o salón da Casa da Cultura
Como non podía ser doutra maneira o acto pechouno con todo o público en pe o Imno galego interpretado dende o escenario por Fernando Dopico.
Rematado o acto, un por un, ou en familia, todos quixeron pasar a saudar ao homenaxeado que non tivo máis remedio que coller unha cadeira polo cansazo, ata que coa foto de familia de todos os que participaron dunha maneira ou de outra, deu por finalizado o acto de nomeamento de “fillo adoptivo” a Gonzalo Iglesias Sueiro.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Presentación da XI edición do Ouren Sound Fest en San Cibrao das Viñas
Dende A Limia Presentación da XI edición do Ouren Sound Fest en San Cibrao das Viñas
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presentou a undécima edición do Ouren Sound Fest, un evento que este ano cambia de escenario para trasladarse ao campo de fútbol do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. Este movemento busca a descentralización da cultura cara ao interior de Galicia e o obxectivo de consolidar a provincia como un referente musical. A programación musical desta edición califícase como de "primeiro nivel", combinando artistas de relevancia nacional —destaca…
20 de mayo de 2026 2 min lectura
Vilanova dos Infantes proclamada oficialmente como un dos "Pueblos más Bonitos de España"
Dende A Limia Vilanova dos Infantes proclamada oficialmente como un dos "Pueblos más Bonitos de España"
Este sábado, Vilanova dos Infantes foi incluída oficialmente na prestixosa asociación Los Pueblos más Bonitos de España, un recoñecemento que valida o seu alto valor paisaxístico, patrimonial e cultural. Este título sitúa á localidade nun grupo selecto de municipios que destacan pola súa autenticidade e pola preservación do seu legado. O alcalde de Vilanova, Antonio Puga, sinalou que este galardón supón un apoio fundamental ao desenvolvemento sostible e respectuoso do pobo, así como á protecció…
9 de junio de 2026 2 min lectura
Encontro amistoso de natación en Xinzo
Dende A Limia Encontro amistoso de natación en Xinzo
Esta mañá celebrouse na piscina climatizada de Xinzo un torneo de natación que reuniu a nadadores de todas as categorías. O evento carácter amistoso contou coa participación de varios clubes: Flavitos, o Clube de Natación de Chaves, o Miraflores e Piscina de Verín e o club local da Limia. O obxectivo principal deste encontro foi o fomento do deporte e a convivencia entre os participantes, de tal xeito que todos os nadadores recibirán unha medalla como parte da experiencia.
30 de mayo de 2026 1 min lectura