← Volver Dende A Limia

Dende hoxe podemos viaxar a Madrid en trens AVLO por 7 €

Dende hoxe podemos viaxar a Madrid en trens AVLO por 7 €

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O servizo Avlo prestarase cos trens da serie S106, cunha capacidade para 581 viaxeiros, con dous trens diarios, un por sentido, alternando orixe/destino Vigo e A Coruña con Madrid.
A posta en marcha da nova oferta comercial supoñerá o aumento en máis de 8.000 prazas semanais en corredor Galicia- Madrid Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024 (Renfe). Renfe pon á venda hoxe os billetes para viaxar nos novos servizos Avlo de Galicia, que comezarán a prestar servizo desde o próximo día 22 de xullo, cunha campaña de ‘Superprecios’ desde 7 euros, para viaxar ata o 30 de setembro. Para a estrea dos Avlo en Galicia, Renfe pon á venda máis de 8.200 billetes con ‘Superprecios’ desde 7 euros, para viaxar entre o 22 de xullo e o 30 de setembro, en todas as orixes/destinos do corredor. Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodadura desplazable e con 581 prazas, que son os convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede nacional.

Interiror dos trens AVLO
O servizo Avlo debuta este verán en Galicia. Á oferta comercial actual entre Galicia e Madrid sumaranse a partir do próximo día 22 de xullo dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternarán as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela.
Estes trens realizarán parada en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV/AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra:

Madrid-Galicia: Avlo con saída ás 17:08 horas con destino A Coruña, os luns, mércores, venres e sábados, con chegada ás 21:04 horas. E destino Vigo Urzaiz os martes, xoves e domingos, con chegada ás 21:37 horas.
 • Galicia-Madrid: Avlo con orixe A Coruña ás 6:34 horas os martes, xoves, sábados e domingos. E de Vigo Urzaiz os luns, mércores e venres ás 5:57 horas, con saída desde Santiago ás 7:06 horas e chegada a destino ás 10:32 horas. O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas frecuencias actuais, aínda que con algunha leve modificación horaria en tres trens (Madrid 18:25-Ferrol 0:04, A Coruña 19:30-Madrid 23:03 e Madrid 20:23 – Ourense 22:37, máis información nesta ligazón).

A estrea do Avlo este verán chega con trens S106 con maior capacidade, 581 prazas repartidas en 12 coches en filas de 3+2, supoñerá un incremento de máis de 8.000 prazas semanais na oferta do corredor Galicia-Madrid.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
II Obradoiro “Límites con Corazón” en Sandiás
Dende A Limia II Obradoiro “Límites con Corazón” en Sandiás
O pasado 12 de xuño, a Casa da Cultura de Sandiás foi a sede do II Obradoiro “Límites con Corazón”, unha actividade destinada ás familias para reflexionar sobre a educación infantil e a importancia de establecer normas de maneira consciente. A sesión contou coa participación da experta Reme Cid, quen desenvolveu a sesión cun enfoque centrado en desmitificar a idea de que poñer límites implica dureza ou distanciamento. O obxectivo principal foi demostrar que os límites, aplicados con afecto, res…
17 de junio de 2026 1 min lectura
Festival de Fin de Curso do Conservatorio
Dende A Limia Festival de Fin de Curso do Conservatorio
O Conservatorio programa para este mes de xuño o seu Festival de Fin de Curso na comarca da Limia. O evento ten como obxectivo mostrar o talento musical do seu alumnado e celebrar o peche do curso escolar mediante tres concertos principais que integrarán música de cámara, banda e diversos ensembles. A programación constará dos seguintes actos: Xoves 11, 20:00 h: Concerto de Grao Elemental, que incluirá o acto de graduación do alumnado que remata este ciclo de catro anos. Venres 12, 20:00 h: C…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Reflexión sobre o protagonismo da enfermidade e o caso de A Filgueira
Dende A Limia Reflexión sobre o protagonismo da enfermidade e o caso de A Filgueira
O texto analiza o comportamento de certas persoas que parecen gozar da súa mala saúde, utilizando as súas dolencias como unha ferramenta de competición social. O autor observa que existe un grupo de individuos que, en lugar de padecer as súas enfermidades de forma discreta, buscan captar a atención estexando os seus síntomas e minimizando os problemas de saúde dos demais para potenciar os seus propios. A través de varias anécdotas cotidianas —como encontros en cafés ou visitas a enfermos en hos…
19 de junio de 2026 1 min lectura