← Volver Dende A Limia

ADEGAL REÚNESE CON ELVIRA LAMA

ADEGAL REÚNESE CON ELVIRA LAMA

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Na tarde de onte, 24 de xuño,  ADEGAL, Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, entidade cuios fins principais son a representación, a reivindicación, a defensa e a xestión dos intereses de agricultores, gandeiros e empresarios a nivel profesional, económico e social na comarca da Limia, mantivo unha reunión con Elvira Lama, Deputada do PSOE na Deputación de Ourense.
Abordáronse problemáticas e reivindicacións constantes e eternas na comarca, como son  a limpeza de canles, mantemento de pistas de concentración parcelaria e punto de acopio de residuos agrogandeiros, ó que se lle dará traslado e posta en coñecemento á Confederación Hidrográfica Miño-Sil nas súas competencias, así coma o Ministerio de Agricultura, demandando todas as posibles inversións na bisbarra.
A Limia é unha comarca cun gran potencial agrogandeiro, e como tal, as Administracións débense implicar e coordinar, potenciar e protexer a actividade de todas as explotacións agrícolas e gandeiras existentes, así como facilitar as ampliacións e o relevo xeneracional.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Hito histórico para o Antela: clasificado para os play-offs de ascenso
Dende A Limia Hito histórico para o Antela: clasificado para os play-offs de ascenso
O Antela alcandará, pola primeira vez na súa historia, os play-offs de ascenso á Terceira División. O equipo, dirixido por Bruno Gómez, asegurou a súa posición na quinta praza tras empatar sen goles (0-0) a visita do Portonovo. Este logro supón un feito sen precedentes para o club, que chegará á primeira eliminatoria con gran ilusión entre o plantel, o corpo técnico, a directiva e a súa afición.
17 de mayo de 2026 1 min lectura
Prevención do tabaquismo: Acto de sensibilización en Xinzo de Limia
Dende A Limia Prevención do tabaquismo: Acto de sensibilización en Xinzo de Limia
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado polos directores territoriais de Sanidade e Educación, participou nun acto no IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia) para conmemorar o Día Mundial sen Tabaco. O obxectivo da xornada é concienciar sobre os riscos do tabaquismo para a saúde e o medio ambiente, así como denunciar as estratexias da industria para atraer á mocidade mediante sabores, deseños e a promoción en redes sociais. Durante o evento, Manuel Pardo enfatizou …
29 de mayo de 2026 2 min lectura
Inaugurada a nova zona de escalada na Forxa (Porqueira)
Dende A Limia Inaugurada a nova zona de escalada na Forxa (Porqueira)
O Concello de Porqueira, con o apoio de Turismo de Galicia, inaugurou este sábado a nova área de escalada situada no canón do río Fírbeda. Esta actuación busca reforzar o posicionamento de Galicia como un referente no turismo deportivo e de natureza. Detalles do proxecto e investimento O proxecto contou cun investimento aproximado de 40.000 euros e comprende as seguintes actuacións: Creación e equipamento dunha nova zona de escalada no canón do río Fírbeda. Adecuación e homologación dun send…
2 de junio de 2026 1 min lectura