← Volver Dende A Limia

Aberto o prazo para presentar traballos ao XX Premio Pura e Dora Vázquez

Aberto o prazo para presentar traballos ao XX Premio Pura e Dora Vázquez

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Logo da publicación das bases do XX Premio Pura e Dora Vázquez no Boletín Oficial da Provincia do mércores 19 de xuño, está aberto o prazo para presentar traballos que concorran a este certame creado e impulsado pola Deputación e que conta con dúas modalidades: narración e ilustración, dirixidas ao público infantil ou xuvenil, de temática libre. Este ano, tras 10 edicións onde a contía dos premios en ambas modalidades foi de 1.500 euros, duplícase a mesma ata 3.000 euros en cada categoría.
Os textos que concursen na modalidade de narrativa presentaranse en A4 e, se é posible, tamén en soporte dixital. A extensión deberá estar entre as 25 e as 100 páxinas, escritas en Word, en tipografía times new roman, tamaño 12 e interlineado 1,5. O prazo de presentación de exemplares estará aberto ata o 2 de setembro de 2024 e o xurado elixirá un texto gañador antes do 12 de setembro.
Unha vez coñecido o fallo na modalidade de narración, quedará aberto o prazo de presentación de orixinais de ilustración, que rematará o 29 de novembro.
Con ambas obras premiadas, a Deputación editará un libro que pasará a formar parte do fondo da Editorial Deputación de Ourense, tal e como está previsto no plan anual de publicacións 2024.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Resumo de resultados deportivos e próximas finais
Dende A Limia Resumo de resultados deportivos e próximas finais
Veteranos: Final da Copa Deputación Os equipos de veterans feminino e masculino alcanzaron a final da Copa Deputación, que se disputará o sábado día 13 ás 16:00 h: Equipo feminino: Enfrentará a Val de Lemos no pavillón Pacito. Equipo masculino: Xogará contra a Imprenta de Ourense no pavillón Paco Paz. Cabe destacar que o equipo veterano masculino rematou a liga con unha vitoria ante o Vila de Meira. Categorías de base: Eliminacións As categorías de formación non lograron o pase ás finais d…
8 de junio de 2026 1 min lectura
XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Dende A Limia XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Os días 15 e 16 de xuño de 2026, Xinzo de Limia acollera a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia", unha iniciativa educativa e cultural transfronteiriza que une a Galicia co norte de Portugal. O evento reunirá a máis de mil nenos e nenas de centros educativos da comarca da Limia e da vila de Ponte de Lima, reforzando os vínculos históricos, culturais e humanos entre ambos territorios. Programación e intercambio cultural: A xornada contará cun intercambio de folclore e música tradicional, coa act…
10 de junio de 2026 2 min lectura
Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata conecta Verín con Xinzo de Limia
Dende A Limia Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata conecta Verín con Xinzo de Limia
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organizou unha nova etapa de sendeirismo que uniu Verín con Xinzo de Limia. Esta actividade forma parte do programa de promoción e dinamización do turismo e dos itinerarios xacobeos da provincia, e contou cunha participación de preto de 40 peregrinos. Nesta segunda edición, o percorrido iniciouse cunha conexión entre a Vía da Prata e o Camiño Portugués do Interior na zona de Feces (Verín), proseguindo ata Xinzo de Limia. A iniciativa está integrada n…
9 de junio de 2026 2 min lectura