← Volver Dende A Limia

A Xove Orquestra Ourensanía leva as súas «Emocións Sonoras» a Xinzo, Ourense e Ribadavia

A Xove Orquestra Ourensanía leva as súas «Emocións Sonoras» a Xinzo, Ourense e Ribadavia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xove Orquestra Ourensanía, que integra a 60 membros e conta co apoio da Deputación, levará as súas «Emocions sonoras» aos municipios de Xinzo, Ourense e Ribadavia.

O Centro Cultural da Deputación de Ourense albergou esta mañá a presentación desta programación cultural e musical, coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, «unha mostra máis do apoio da Deputación á Cultura en maiúsculas, cunha orquestra caracterizada pola súa excelencia».
Na presentación participou tamén o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o concelleiro de Cultura deste concello, Carlos Gómez; o presidente da agrupación musical da Limia, Jaime Collazo; e o director da orquestra, José Luis Tielas.
Esta programación musical, «Emocións Sonoras», baseadas no amor -«unha mirada ás experiencias do corazón»-, desenvolverase o 4 de xullo na igrexa de Santa Mariña de Xinzo da Limia; o 5 de xullo na igrexa de Santa Eufemia de Ourense; e o 6 de xullo na igrexa de San Domingos de Ribadavia. Todos os concertos serán ás 20.30 horas.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xoel López protagonizará a quinta edición de "Rock entre Pedra e Poesía" en Celanova
Dende A Limia Xoel López protagonizará a quinta edición de "Rock entre Pedra e Poesía" en Celanova
O vindeiro 23 de agosto ás 21:00 horas, o Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova acollerá un novo concerto do ciclo "Rock entre Pedra e Poesía", cunha actuación protagonizada polo músico Xoel López. A presentación oficial do evento realizouse en Ourense co apoio de autoridades institucionais da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello, xunto á produtora Escena Sonora. O ciclo, que xa conta co seu quinto aniversario, mantén unha alta demanda, tendo xa vendido o 30…
28 de mayo de 2026 1 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura
Concerto Grao Elemental e Graduación de 4º de G.E  (Galeria de Fotos)
Dende A Limia Concerto Grao Elemental e Graduación de 4º de G.E (Galeria de Fotos)
Dado que o texto proporcionado é moi breve (unha simple manchete), o resumo detállase baseándose na información dispoñible: Concerto e Graduación do Grao Elemental Celebrouse o concerto do Grao Elemental e o acto de graduación dos alumnos de 4º de Grao Elemental. O evento, que marca a culminación desta etapa formativa para os estudantes, quedou rexistrado nunha galería de fotografías.
12 de junio de 2026 1 min lectura