O Xeodestino A Limia organiza un encontro para afeccionados e expertos na observación de aves, que combinará charlas informativas en Sandiás cunha saída ao campo para ver especies na natureza.
Estas xornadas buscan poñer en valor a riqueza dos humidais da zona e servir de punto de encontro para quen estuda a biodiversidade galega.
Programa das actividades:
- Venres 13 (Casa da Cultura de Sandiás):
- 16:30 h: Apertura e charla sobre os valores das aves na Limia con Diego Rodríguez.
- 17:30 h: Encontro entre naturalistas para compartir experiencias.
- 21:00 h: Cea de confraternidade.
- Sábado 14:
- 10:00 h: Saída de campo guiada polas Areeiras de Sandiás e Gomareite para observar aves en directo.
Como participar:
As persoas interesadas deben cubrir o formulario de inscrición dispoñible nas canles oficiais do Xeodestino. Para resolver calquera dúbida, pode escribirse ao correo [email protected].